PATRÓN/OA LOCAL DE PESCA

PATRÓN/OA LOCAL DE PESCA

-SECCIÓN PONTE E COMÚN-

CÓDIGO PARA A OFICINA DE EMPREGO

XXMAPX2127

PATRÓN/OA LOCAL DE PESCA

-SECCIÓN MÁQUINAS-

 

CÓDIGO PARA A OFICINA DE EMPREGO

XXMAPX2129

DESCRICIÓN

O patrón/patroa local de pesca, cando sexa o caso, é a persoa designada polo/a armador/a da embarcación de pesca que desempeña a súa representación, e exerce o goberno e a dirección do buque acreditando a súa titulación mediante o título profesional conforme as condicións e atribucións establecidas no Real decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, pola que se regulan as titulacións profesionais do sector pesqueiro.

DURACIÓN 200 Horas (Sección Ponte e Común:125 horas. Sección Máquinas:75 horas)

REQUISITOS

para realizar o curso

-Ter cumpridos 18 anos.

-DNI, NIE ou pasaporte.

-Ter a Tarxeta de Mariñeiro/a Pescador/a.

-Certificado de estudos primarios ou equivalente.

REQUISITOS

para exercer de patrón/oa

a) Ter cumplidos os 18 anos de idade.

b) Dispor dun impreso oficial, expedido por un Centro de Recoñecemento de Conductores (CRC), no que se certifique a aptitude psicofísica dacordo cos requisitos esixidos para a expedición do permiso ordinario de conducir.

O anterior impreso non será necesario se o interesado dispón do certificado médico contemplado no real decreto.

c) Ter superado un exame, ou exames, que inclúan, polo menos, as materias previstas no anexo II do real decreto.

d) Ter prestado servizo en buques pesqueiros ou auxiliares de pesca ou acuicultura durante un período de 18 meses, dentro do cal polo menos 6 meses deberán ser realizados na sección de ponte de buques pesqueiros con posterioridade á superación da proba de aptitude. Os 12 meses restantes poderán realizarse con anterioridade á celebración da citada proba, debendo cumplirse polo menos 6 de eles na garda de máquinas.

 

TEMARIO

MÓDULOS FORMATIVOS PATRÓN/OA LOCAL DE PESCA

SECCIÓN PONTE E COMÚN (130 HORAS):

1º-Navegación e comunicacións.

2º-Navegación costeira.

3º-Comunicacións.

4º-Coñecementos de oceanografía e meteoroloxía da zona.

5º-Estabilidade, manobra do buque e regulamentos para previr abordaxes.

6º-Construción naval e teoría do buque.

7º-Estabilidade e estiba do buque.

8º-Manobra nos buques de pesca.

SECCIÓN MÁQUINAS (120 HORAS):

1º-Propulsión do buque.

2º-Teoría fundamental dos motores térmicos de combustión interna.

3º-Sistemas de alimentación de aire e escape.

4º-Combustión. Combustibles.

5º-Sistema de alimentación e inxección do combustible.

6º-Sistema de lubricación. Lubricantes.

7º-Sistema de refrixeración.

ATRIBUCIÓNS

 Real Decreto 36/2014, de 24 de xaneiro, polo que se regulan os títulos profesionais do sector pesqueiro, coa fin de modernizar os seus requisitos e efectos. Modificado polo Real Decreto 449/2020, de 10 de marzo.

 a) Exercer como Capitán ou patrón e xefe de máquinas, en buques de pesca de ata 16 metros de eslora e 140 kilovatios de potencia, ata unha distancia non superior a 12 millas das liñas de base rectas e onde estas non estean definidas desde a liña de costa marcada pola baixamar escorada. No caso de desplazamentos entre illas da Comunidade Autónoma das Illes Balears ou da Comunidade Autónoma de Canarias, poderá superarse dita distancia sempre que o buque non se alonxe máis de 30 millas das liñas de base rectas ou, onde ditas liñas non estean definidas, da liña de costa determinada pola baixamar escorada.

b) Enrolarse como Primeiro oficial de ponte en buques de pesca de eslora inferior a 24 metros ata unha distancia non superior a 60 millas das liñas de base rectas ou, onde ditas liñas non estén definidas, da liña de costa determinada pola baixamar escorada.

c) Exercer como Xefe de máquinas en buques de pesca de ata 250 kilovatios de potencia.

 

MÁIS INFORMACIÓN  
DATAS DE CURSOS  Pincha AQUÍ para saber as datas do curso de Patrón/a Local de Pesca.