REQUISITOS DOS CURSOS NA ESCOLA |
É imprescindible ter unha conta de correo electrónico e aceptala como medio de comunicación dixital. |
QUÉ CURSOS SE IMPARTEN NA ESCOLA? |
Podes ver os cursos que impartimos, os requisitos para facelos, os temas que se imparten, as atribucións e moitas máis cousas na columna dereita da nosa web, na pestaña "Cursos". Cando pinches ahí, se abre un desplegable. Pincha no curso que te interese e se abrirá unha páxina con toda a información do mesmo. |
OS CURSOS SON GRATUITOS? |
Sí, os cursos son gratuítos. Soamente se pagan as taxas de exame dos cursos de Mariñeiro/a pescador/a, Patrón/a costeiro/a polivalente e Patrón/oa Local de Pesca. |
CÓMO ME MATRICULO NUN CURSO? |
O proceso para matricularse nun curso é o seguinte: Primeiro, acude á túa oficina de emprego (xa que estes cursos son para xente en situación de desemprego preferentemente) e solicita alí o curso ou cursos que queiras facer. Se resultas seleccionado/a, uns días antes da data de comezo do curso que solicitaches, tes que recibir un SMS de convocatoria e contestar no prazo que se indique nese SMS. Se contestas no prazo, recibirás instrucións para cubrir a matrícula e entregar na Escola a documentación que sexa necesaria. Se non contestas no prazo, se convocará á seguinte persoa da lista de solicitantes do curso. |
QUÉ PASA SE NON CONTESTO NO PRAZO? |
Se non contestas no prazo se entende que non che interesa e que rexeitas o curso. Se tes tres rexeitamentos nun ano, non se te volverá a convocar nese ano. |
E SE ME INTERESA O CURSO PERO NON PODO FACELO PORQUE ESTOU ESTUDANDO OU CONSEGUÍN TRABALLO? |
Se ese é o motivo polo que non contestas, entón ponte en contacto con nós por teléfono ou correo electrónico e comunícanos que non podes facer o curso aportando algún documento que xustifique esa situación. |
SE ESTOU TRABALLANDO PODO INSCRIBIRME NALGÚN CURSO? |
Si, podes inscribirte neste enlace da nosa web "Inscripción - xente en activo". Alí cubre o formulario cos teus datos e dalle a "enviar". Entrarás nunha listaxe de xente en activo dispoñible por se o curso non se cubre con solicitantes inscritos na oficina de emprego (que sempre teñen prioridade). |
CONVOCÁRONME COMO SUPLENTE, QUÉ SIGNIFICA? |
Se te convocan como suplente, tes que presentarte igualmente o primeiro día do curso. Se non falta ningunha persoa titular, os/as suplentes que acudan o primeiro día se converten en titulares do seguinte curso da mesma especialidade que se convoque. Se falta algún titular, os/as suplentes entran na orde establecida por chamamento. Se eres suplente e non te presentas o primeiro día do curso, perdes a opción de ser titular no seguinte curso. Se eres suplente convocado/a pola listaxe de xente en activo, non te convertes en titular para o seguinte curso porque segue tendo preferencia a xente en situación de desemprego que se inscriba para ese curso. |
O CURSO DE FORMACIÓN SANITARIA SÉRVEME PARA TODOS OS ÁMBITOS DA SANIDADE? |
Non, o curso de Formación Sanitaria Específica só serve para o ámbito marítimo-pesqueiro. |
HAI ALGÚN TIPO DE AXUDA ECONÓMICA PARA FACER OS CURSOS? |
Sí, e tes toda a información sobre as axudas neste enlace da nosa web "Axudas para os cursos". |
SE PODE FALTAR AOS CURSOS? |
Os cursos son presenciais e só se pode faltar un 10% das horas totais dos módulos teóricos do curso, é dicir, se o curso dura 70 horas, soamente se poden faltar 7 horas nos módulos teóricos XUSTIFICADAS DOCUMENTALMENTE. Nos días de prácticas NON SE PODE FALTAR. |