Actualización formación sanitaria específica avanzada

FINALIDADE DO CURSO:

      Capacitar ao alumnado para alcanzar as seguintes competencias:

  • Capacitar o alumnado para a atención inmediata a enfermos/as e accidentados/as a bordo.
  • Primeiros auxilios e técnicas de enfermaría básica.
  • Normas de hixiene.
  • Manexo da caixa de primeiros auxilios do barco.
  • Técnica de consulta médica por radio.

REQUISITOS:

  • Titulación/Certificado profesional:

              Estar en posesión dalgúns dos seguintes Certificados:

                             . Certificado de Formación Sanitaria Específica Avanzada en vigor.

                             . Primeiro certificado de actualización en Formación Sanitaria Específica Avanzada en vigor.

  • Outros requisitos:

               No momento da presentación da solicitude, declaración responsable de non padecer enfermidade física ou psíquica que lle impida desenvolver a formación solicitada.