Primeiros auxilios no marisqueo a pé

 

DESTINATARIOS

Persoas que desenvolvan a súa actividade profesional ou que teñan expectativas de incorporarse, no sector do marisqueo a pé e que precisen de formación en actuacións de primeiros auxilios.

 

OBXECTIVOS

Obter a formación teórico-práctica necesaria para coñecer e aplicar as actuacións principais en caso de necesidade de primeiros auxilios no marisqueo a pé.

 

CONDICIÓNS DE ACCESO AO CURSO

Para o acceso ao curso de primeiros auxilios no marisqueo a pé, o alumnado deberá ter o certificado de mariscador/a ou percebeiro/a ou certificado de mariscador/a a mergullo.

 

 DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A MATRÍCULA

 As persoas candidatas interesadas no curso de primeiros auxilios no marisqueo a pé achegarán a seguinte documentación para realizar a matrícula:

 - Modelo de solicitude. Descargue a solicitude AQUÍ.

 - Fotocopia do DNI/NIE polas dúas caras.

** Terán preferencia os/as candidatos/as que teñan certificado de mariscador/a ou percebeiro/a.

 As solicitudes deberán presentarse:

 - nos centros oficiais de ensino pesqueiro onde se examinen os/as aspirantes, ou

 - por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

 

IMPORTANTE: Con anterioridade á formalización da matrícula, as persoas interesadas informaranse nas secretarías dos centros para coñecer as datas dispoñibles de realización do curso.

 

CONTIDOS/PROGRAMA

  1. Riscos principais de lesións no marisqueo a pé.
  2. Estructura e funcións do corpo humano.
  3. Aplicación de primeiros auxilios no marisqueo a pé
    1. Valoración da víctima.
    2. Asfixia e parada cardíaca. Reanimación.
    3. Hemorraxias. Clasificación e medidas xerais a adoptar.
    4. Shock. Síntomas e tratamento.
    5. Feridas mais comúns no marisqueo a pé. Tipos e tratamento.
    6. Queimaduras. Causas e tratamento.
    7. Traumatismos asociados ao marisqueo a pé I: Escordaduras e luxacións. Tratamento.
    8. Traumatismos asociados ao marisqueo a pé II: Fracturas. Tratamento.
    9. Traumatismo asociados ao marisqueo a pé III: Traumatismos na columna vertebral e traumatismos cráneo-encefálicos.
    10. Transporte dun/dunha accidentado/a.
  4. Medidas preventivas a adoptar para as actividades propias do marisqueo a pé.
  5. Caixa de emerxencia básica común no marisqueo a pé.

 

DURACIÓN

20 horas, distribuidas en 12 horas de teoría, 7 horas de práctica e 1 hora de exame.

 

METODOLOXÍA

Formación teórico-práctica presencial, dispondo do material necesario para a realización das simulacións de actuacións.

 

ASISTENCIA AO CURSO

A asistencia ás clases é obrigatoria. Nas actividades formativas levarase un control de asistencia.

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Mediante exame tipo test, tendo que ter contestadas correctamente polo menos a metade das cuestións formuladas.