Xefatura do título de mecánico/a maior naval sen restricción

O artigo 10 do Real Decreto 36/2014, de 24 de xaneiro, polo que se regulan os títulos profesionais do sector pesqueiro, no seu apartado 2.g), establece que o/a mecánico/a maior naval poderá exercer como xefe/a de máquinas en buques pesqueiros sen límite de potencia, sempre que cumpra os seguintes requisitos:

1. Superar un curso, nun centro de formación autorizado para a impartición do título de Técnico Superior en Organización do Mantemento de Maquinaria de Buques e Embarcacións, que conste da duración e as materias que, con carácter de mínimo, estableza, en desenvolvemento do presente real decreto, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

2. Realizar un período de embarque non inferior a 24 meses como oficial de máquinas, dos cales polo menos 12 meses deberá cumprilos desempeñando funcións de primeiro oficial, en buques de potencia propulsora de entre 500 e 3.000  kW.

 

CONDICIÓNS DE ACCESO AO CURSO

Para poder realizar a acción formativa, o titulado deberá atoparse en disposición de exercer como xefe/a de máquinas en buques de pesca de ata 6.000 quilowatts.

No caso de que o número de solicitudes sexa maior que o número de prazas ofertadas, achegaranse os días de embarque a efectos de selección. Terán preferencia o alumnado que acredite un período de embarque non inferior a 24 meses como oficial de máquinas, dos cales polo menos 12 meses deberá cumprilos desempeñando funcións de primeiro oficial, en buques de potencia propulsora de entre 500 e 3.000  kW.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A MATRÍCULA

As persoas candidatas interesadas achegarán a seguinte documentación para realizar a matrícula:

- Modelo de solicitude. Descargue a solicitude AQUÍ.

- Copia do DNI/NIE polas dúas caras.

- Copia compulsada da tarxeta de mecánico/a maior naval ou mecánico/a naval maior (en disposición de exercer como xefe/a de máquinas en buques de pesca de ata 6.000 kilovatios).

- Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.

As solicitudes deberán presentarse:

- nos centros oficiais de ensino pesqueiro onde se examinen os/as aspirantes, ou

- por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

IMPORTANTE: Con anterioridade á formalización da matrícula, as persoas interesadas informaranse nas secretarías dos centros para coñecer as datas dispoñibles de realización do curso.

 

TAXAS

Pode obter o Modelo AI. Autoliquidación de Taxas premendo na imaxe.

INSTRUCCIÓNS

1. Prema en Cidadáns, Pago de taxas e prezos, Iniciar taxa, Acceso libre ó servizo (Candado aberto) e Iniciar taxa.

2. Na pantalla "Datos da taxa" deberá cubrir o seguinte:

 Consellería de: O Mar  Código: 12
 Delegación de: Vigo  Código: 41
 Servizo de: Desenvolvemento Pesqueiro   Código: 05
 Taxa: denominación
 Probas profesionais de pesca  Código: 301900
 Obxecto de pago  Aumento atribucións mecánico/a maior naval 
 Datos de pago  84,81 €

3. Prema en Continuar.

4. Na pantalla "Datos identificativos" deberá indicar os seus datos persoais. Prema en Continuar.

5. Por último, na pantalla "Modo de pago" poderá escoller entre a opción de Pago telemático (Se desexa efectuar o pago telemático con tarxeta ou cargo en conta) e a opción de Descargar modelo presencial (Permite a descarga do modelo de autoliquidación cuberto cos datos recén capturados para imprimir e efectuar o pago presencial nunha entidade financeira colaboradora).

 

ASISTENCIA AO CURSO

A asistencia ao curso por parte do alumnado matriculado será obrigatoria.

 

PROGRAMA: MÓDULOS FORMATIVOS E TEMPORALIZACIÓN SOBRE OS COÑECEMENTOS TEÓRICO-PRÁCTICOS

 

1. Prevención da contaminación e xestión de residuos (10 horas)

– As augas sucias dos buques

– Contaminación química. Hidrocarburos. Contaminación biolóxica

– Xestión da auga de lastre

– Sistemas anti-incrustantes

– Reciclaxe de barcos

– Instalacións portuarias de recepción

– Zonas mariñas especialmente sensibles

 

2. Planta propulsora e sistemas auxiliares (30 horas)

– Novas tecnoloxías para a propulsión de buques pesqueiros

– Combustibles alternativos e enerxías renovables de apoio. Aforro de enerxía a bordo

– Tendencias actuais e futuras dos motores mariños de combustión interna alternativos: sistemas de sobrealimentación, sistemas de inxección de combustible, procesos de combustión, sistemas anticontaminación, sistemas de lubricación e aceites, entre outras

– Desenvolvementos recentes e vías de evolución dos sistemas auxiliares e servizos do buque

 

3. Sistemas eléctricos e electrónicos (35 horas)

– Xeración, regulación e control da subministración eléctrica

– Distribución e consumo da enerxía eléctrica. Control de cadros e consumidores eléctricos

– Control e monitorización da planta propulsora

– Sistemas de propulsión eléctrica

 

4. Sistemas de regulación e control automáticos (30 horas)

– Tecnoloxía marítima avanzada no campo da  electro-hidráulica proporcional

– Autómatas programables. Aplicación práctica a sistemas auxiliares

– Aplicación do autómata aos circuítos hidráulicos de a bordo

 

5. Xestión operacional do departamento de máquinas (30 horas)

– Xestión do mantemento: certificación e inspección. Aplicación de normativa

– Eficiencia enerxética e control de emisións

– Garda de máquinas

 

6. Instalacións frigoríficas e de climatización (30 horas)

– Novas tendencias na produción e mantemento de frío industrial

– Manipulación dos fluídos refrixerantes

– Sistemas de climatización naval e o seu mantemento

– Normativa de aplicación

 

7. Lingua inglesa (20 horas)

– Manuais. Comprensión e interpretación

– Checklists. Identificación e comprobación de elementos de a bordo

– Interacción coas autoridades marítimas

–  Drills. Comunicacións de emerxencia a bordo

Informes de avarías e reclamacións de garantías

 

NORMATIVA

* Real Decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, polo que se regulan os título profesionais do sector pesqueiro.

* Orde APM/243/2018, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real Decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, polo que se regulan os títulos profesionais do sector pesqueiro