Probas libres para as titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente
Publicado o 26 de decembro de 2018
A Resolución do 21 de decembro de 2018 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro convoca e fixa as datas e os lugares de realización dos exames ordinarios de carácter libre para as titulacións de:
- Mariñeiro/a pescador/a.
- Patrón/patroa local de pesca.
- Patrón/patroa costeiro/a polivalente.
PRAZO DE MATRÍCULA. Do 21.01.2019 ata o 22.02.2019, ambos inclusive.
DOCUMENTACIÓN. As persoas candidatas deben achegar a seguinte documentación para poder presentarse aos exames teóricos e prácticos:
MARIÑEIRO/A PESCADOR
* Solicitude de matrícula debidamente cuberta e asinada (Procedemento PE607C).
* Copia do DNI/NIE polas dúas caras.
* Certificado de formación mínima de estudos ou, de ser o caso, declaración responsable de ter coñecementos básicos de lecto-escritura segundo o cadro que figura na solicitude.
* Declaración responsable de posuír aptitude física para realizar unha proba de natación previa á realización do exame de coñecementos teórico-prácticos de mariñeiro/a pescador/a.
* Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.
PATRÓN/PATROA LOCAL DE PESCA
* Solicitude de matrícula (Procedemento PE607C).
* Copia do DNI/NIE polas dúas caras.
* Copia compulsada da tarxeta de mariñeiro/a pescador/a.
* Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.
PATRÓN/PATROA COSTEIRO/A POLIVALENTE
* Solicitude de matrícula (Procedemento PE607C).
* Copia do DNI/NIE polas dúas caras.
* Copia compulsada da tarxeta de mariñeiro/a pescador/a.
* Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.
DATAS E LUGARES DE EXAME. As datas dos exames así como os lugares onde se realizarán aparecen indicados no Anexo I da Resolución do 21 de decembro de 2018 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, a cal poden atopar como documento anexo ao fondo desta publicación.
NOTA: Precísase un mínimo de 15 persoas matriculadas para realizar calquera dos exames ordinarios de carácter libre nun centro de ensino. No caso de non acadarse este mínimo requirido non se poderá facer o exame en dito centro, debendo realizarse no lugar indicado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.
As horas dos exames serán anunciadas no portal web de formación da Consellería do Mar e no taboleiro de anuncios de cada centro de ensino.
CRITERIOS DE ORGANIZACIÓN E AVALIACIÓN DAS PROBAS
[Prema na imaxe]
Anexo | Tamaño |
---|---|
Resolución probas libres profesionais 2019.pdf | 247.07 KB |
Criterios de organización e avaliación.pdf | 294.6 KB |