Capitán/á de iate
ATRIBUCIÓNS DO TÍTULO
Atribucións básicas:
- Goberno de embarcacións de recreo a motor de ata 24 metros de eslora, que faculta para a navegación sen límites xeográficos.
- Goberno de motos náuticas, dentro dos límites específicos de navegación aplicables a estas, de acordo coas súas características técnicas.
Atribucións complementarias:
- Goberno de embarcacións de recreo a vela de ata 24 metros de eslora, que faculta para a navegación sen límites xeográficos.
CONDICIÓNS DE OBTENCIÓN
- Posuír o título de Patrón de Iate.
- Aprobar o exame teórico correspondente.
- Realizar as prácticas de seguridade e de navegación.
- Presentar un informe de aptitude psicofísica de acordo ao capítulo IV do Real Decreto 875/2014.
- Realizar o curso de radio-operador de curto alcance. Se este curso xa se realizou anteriormente non será necesario realizalo novamente.
DOCUMENTACIÓN
Os/as candidatos/as achegarán a seguinte documentación:
- Solicitude de matrícula debidamente cuberta e asinada (Procedemento PE616C en convocatorias ordinarias e PE616D en convocatorias extraordinarias).
- Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.
- Copia do título de patrón/patroa de iate, se foi expedido fora da Comunidade Autónoma de Galicia.
TEMARIO DE COÑECEMENTOS TEÓRICOS
Unidade teórica 1. Teoría de navegación.
1.1. Esfera celeste.
1.2. Coordenadas horarias dos astros.
1.3. Coordenadas horizontais ou acimutais dos astros.
1.4. Triángulo de posición.
1.5. Eclíptica.
1.6. Coordenadas uranográficas ecuatoriais.
1.7. Coordenadas que se miden no Ecuador.
1.8. Movemento aparente dos astros.
1.9. Constelacións.
1.10. Medida do tempo.
1.11. Publicacións náuticas.
1.12. Sextante.
Unidade de traballo 2. Cálculo de navegación.
2.1. Resolución analítica do triángulo de posición, nos seguintes supostos.
2.2. Medida do tempo.
2.3. Almanaque náutico.
2.4. Recta de altura: Sol e estrelas.
2.5. Situación por rectas de altura: Sol e estrelas.
2.6. Corrección total.
2.7. Derrota ortodrómica.
Unidade de traballo 3. Meteoroloxía.
3.1. A atmosfera.
3.2. Formas tormentosas.
3.3. Sistemas xerais de ventos.
3.4. Ciclóns tropicais.
3.5. Correntes mariñas.
3.6. Xeos flotantes.
Unidade de traballo 4. Inglés.
4.1. Publicacións náuticas en inglés.
4.2. Recepción e transmisión de mensaxes usando o IMO Standard Marine Communication Phrases: Introdución, xeneralidades, parte A, parte B: B1 e B2.
EXAME TEÓRICO
1. O exame compoñerase de 40 preguntas tipo test de formulación independente entre si, con catro posibles respostas cada unha. A súa duración máxima será de dúas horas e media. O exame corrixirase mediante un dobre criterio de valoración:
a) Globalmente. Para lograr o aprobado deberase responder correctamente un mínimo de 28 preguntas e non se permitirá, en certas materias, superar un número máximo de erros:
- De teoría de navegación, máximo 5 erros permitidos.
- De cálculo de navegación, máximo 4 erros permitidos.
b) Por módulos temáticos. Poderase lograr o aprobado por módulos, sempre e cando se superen os criterios específicos das dúas materias que compoñen cada módulo de acordo cos criterios da seguinte táboa. O aprobado do módulo conservarase durante as dúas seguintes convocatorias en que a Administración competente realice exames de capitán de iate. O aprobado por módulos só será válido no ámbito exclusivo de cada Administración con competencias.
2. A distribución das preguntas de acordo coas materias de exame farase segundo o seguinte cadro.
UT | Identificación | Módulos temáticos | Número de preguntas de exame | Número máximo de erros permitidos | Número mínimo de respostas correctas |
1 | Teoría de Navegación | Módulo de navegación (1 hora e 30 minutos) | 10 | 5 | 5 |
2 | Cálculo de Navegación | 10 | 4 | 6 | |
3 | Meteoroloxía | Módulo xenérico (1 hora) | 10 | 5 (só en caso de corrección por módulos) | 5 (só en caso de corrección por módulos) |
4 | Inglés | 10 | 5 (só en caso de corrección por módulos) | 5 (só en caso de corrección por módulos) | |
TOTAL EXAME | 45 | 40 | 12 | 28 |
TAXAS
Pode obter o Modelo AI. Autoliquidación de Taxas premendo na imaxe.
INSTRUCCIÓNS
1. Prema en Cidadáns, Pago de taxas e prezos, Iniciar taxa, Acceso libre ó servizo (Candado aberto) e Iniciar taxa.
2. Na pantalla "Datos da taxa" deberá cubrir o seguinte:
3. Prema en Continuar.
4. Na pantalla "Datos identificativos" deberá indicar os seus datos persoais. Prema en Continuar.
5. Por último, na pantalla "Modo de pago" poderá escoller entre a opción de Pago telemático (Se desexa efectuar o pago telemático con tarxeta ou cargo en conta) e a opción de Descargar modelo presencial (Permite a descarga do modelo de autoliquidación cuberto cos datos recén capturados para imprimir e efectuar o pago presencial nunha entidade financeira colaboradora).
NORMATIVA