Patrón/Patroa de iate

ATRIBUCIÓNS DO TÍTULO

Atribucións básicas:

- Goberno de embarcacións de recreo a motor de ata 24 metros de eslora, que faculta para navegar na zona comprendida entre a costa e unha liña paralela á mesma trazada a unha distancia de 150 millas náuticas.

- Goberno de motos náuticas, dentro dos límites específicos de navegación aplicables a estas, de acordo coas súas características técnicas.

Atribucións complementarias:

- Goberno de embarcacións de recreo a vela de ata 24 metros de eslora, que faculta para navegar na zona comprendida entre a costa e unha liña paralela á mesma trazada a unha distancia de 150 millas náuticas.

 

CONDICIÓNS DE OBTENCIÓN

- Ter cumpridos os 18 anos de idade.

- Posuír o título de Patrón de Embarcacións de Recreo.

- Aprobar o exame teórico correspondente.

- Realizar as prácticas de seguridade e de navegación.

- Presentar un informe de aptitude psicofísica de acordo ao capítulo IV do Real Decreto 875/2014.

- Realizar o curso de radio-operador de curto alcance. Se este curso xa se realizou anteriormente non será necesario realizalo novamente.

 

DOCUMENTACIÓN

Os/as candidatos/as achegarán a seguinte documentación:

- Solicitude de matrícula debidamente cuberta e asinada (Procedemento PE616C en convocatorias ordinarias e PE616D en convocatorias extraordinarias). 

- Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.

- Copia do título de patrón/patroa de embarcacións de lecer, se foi expedido fora da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

TEMARIO DE COÑECEMENTOS TEÓRICOS

Unidade teórica 1. Seguridade no mar.

1.1. Estabilidade transversal.

1.2. Equipamento de seguridade.

1.3. Abandono da embarcación.

1.4. Salvamento Marítimo.

Unidade teórica 2. Meteoroloxía.

2.1. Isóbaras.

2.2. Frontes, borrascas e anticiclóns.

2.3. Vento.

2.4. Humidade.

2.5. Nubes.

2.6. Néboas.

2.7. Ondas.

2.8. Correntes mariñas.

Unidade teórica 3. Teoría de navegación.

3.1. Esfera terrestre.

3.2. Corrección total.

3.3. Rumbos.

3.4. Publicacións náuticas.

3.5. Medida do tempo.

3.6. Radar.

3.7. GNSS.

3.8. Cartas electrónicas.

3.9. AIS

Unidade teórica 4. Carta de navegación.

4.1. Corrección total.

4.2. Rumbos e distancias. (mediante resolución gráfica na carta).

4.3. Liñas de posición: distancia radar á costa, enfilación, oposición e demora.

4.4. Liñas de posición: distancia radar á costa, enfilación, oposición e demora.

4.5. Corrente coñecida (mediante resolución gráfica na carta).

4.6. Corrente descoñecida (mediante resolución gráfica na carta).

4.7. Situación de estima (mediante resolución gráfica na carta).

4.8. Derrota loxodrómica. Resolución analítica da derrota loxodrómica.

4.9. Mareas.

 

EXAME TEÓRICO

1. O exame compoñerase de 40 preguntas tipo test de formulación independente entre si, con catro posibles respostas cada unha. A súa duración máxima será de 2 horas. O exame corrixirase mediante un dobre criterio de valoración:

a) Globalmente. Para lograr o aprobado deberase responder correctamente un mínimo de 28 preguntas e non se permitirá, en certas materias, superar un número máximo de erros:

- De teoría de navegación, máximo 3 erros permitidos.

- De navegación carta, máximo 5 erros permitidos.

b) Por módulos temáticos. Poderase lograr o aprobado por módulos, sempre e cando se superen os criterios específicos das dúas materias que compoñen cada módulo de acordo cos criterios da seguinte táboa. O aprobado do módulo conservarase durante as dúas seguintes convocatorias seguintes nas cales a Administración competente realice exames de patrón de iate. O aprobado por módulos só será válido no ámbito exclusivo de cada Administración con competencias.

2. A distribución das preguntas de acordo coas materias de exame farase segundo o seguinte cadro.

 

UT Identificación Módulos temáticos Número de preguntas de exame Número máximo de erros permitidos Número mínimo de respostas correctas
1 Seguridade no mar Módulo xenérico (45 minutos) 10 5 (só en caso de corrección por módulos) 5 (só en caso de corrección por módulos)
2 Meteoroloxía 10 5 (só en caso de corrección por módulos) 5 (só en caso de corrección por módulos)
3 Teoría de navegación Módulo de navegación (1 hora e 15 minutos) 10 5 5
4 Carta de navegación 10 3 7
TOTAL EXAME 45 40 12 28

 

TAXAS

Pode obter o Modelo AI. Autoliquidación de Taxas premendo na imaxe.

INSTRUCCIÓNS

1. Prema en Cidadáns, Pago de taxas e prezos, Iniciar taxa, Acceso libre ó servizo (Candado aberto) e Iniciar taxa.

2. Na pantalla "Datos da taxa" deberá cubrir o seguinte:

(Prema aquí para ver)

3. Prema en Continuar.

4. Na pantalla "Datos identificativos" deberá indicar os seus datos persoais. Prema en Continuar.

5. Por último, na pantalla "Modo de pago" poderá escoller entre a opción de Pago telemático (Se desexa efectuar o pago telemático con tarxeta ou cargo en conta) e a opción de Descargar modelo presencial (Permite a descarga do modelo de autoliquidación cuberto cos datos recén capturados para imprimir e efectuar o pago presencial nunha entidade financeira colaboradora).

 

NORMATIVA

* Real Decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de recreo