Patrón/patroa de navegación básica (PNB)

ATRIBUCIÓNS DO TÍTULO

Atribucións básicas:

- Goberno de embarcacións de recreo a motor, de ata 8 metros de eslora, sempre que a embarcación non se afaste máis de 5 millas en calquera dirección dun porto, mariña ou lugar de abrigo.

- Goberno de motos náuticas, dentro dos límites específicos de navegación aplicables a estas, de acordo coas súas características técnicas.

Atribucións complementarias:

- Goberno de embarcacións de recreo a vela, de ata 8 metros de eslora, sempre que a embarcación non se afaste máis de 5 millas en calquera dirección dun porto, mariña ou lugar de abrigo.

 

CONDICIÓNS DE OBTENCIÓN

- Ter cumpridos os 18 anos de idade, ou 16 anos con consentimento paterno ou de titor.

- Aprobar o exame teórico correspondente.

- Realizar as prácticas de seguridade e de navegación.

- Presentar un informe de aptitude psicofísica de acordo ao capítulo IV do Real Decreto 875/2014.

- Realizar as prácticas regulamentarias de radiocomunicacións, cuxa duración non poderá ser inferior a 2 horas, que se realizarán en terra, nun simulador homologado dunha escola.

 

DOCUMENTACIÓN

Os/as candidatos/as achegarán a seguinte documentación:

- Solicitude de matrícula debidamente cuberta e asinada (Procedemento PE616C en convocatorias ordinarias e Procedemento PE616D en convocatorias extraordinarias).

- Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.

- Consentimento dos seus pais, nais ou titores/as legais para os menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos de idade, no momento de realización das probas.

 

TEMARIO DE COÑECEMENTOS TEÓRICOS

Unidade teórica 1. Nomenclatura náutica.

1.1. Casco.

1.2. Estrutura.

1.3. Equipamento de fondeadura.

1.4. Temón.

1.5. Hélice.

1.6. Dimensións.

1.7. Terminoloxía.

Unidade teórica 2. Elementos de amarre e fondeadura.

2.1. Elementos de amarre.

2.2. Nós.

2.3. Fondeadura.

Unidade teórica 3. Seguridade no mar.

3.1. Estabilidade.

3.2. Comprobacións antes de se facer ao mar.

3.3. Medidas que se deben tomar a bordo con mal tempo.

3.4. Tormentas eléctricas.

3.5. Baixa visibilidade.

3.6. Augas superficiais.

3.7. Material de seguridade.

3.8. Home á auga.

3.9. Remolque.

3.10. Salvamento Marítimo.

Unidade teórica 4. Lexislación.

4.1. Normas que afectan as embarcacións de recreo.

4.2. Limitacións á navegación.

4.3. Mergulladores e bañistas.

4.4. Prevención da contaminación.

4.5. Pavillón nacional.

4.6. Salvamento.

4.7. Protección de espazos naturais do medio mariño.

Unidade teórica 5. Balizamento.

5.1. Normativa IALA

Unidade teórica 6. Regulamento internacional para previr abordaxes no mar (RIPA).

6.1. Xeneralidades.

6.2. Regras de rumbo e goberno.

6.3. Luces e marcas.

6.4. Sinais acústicos e luminosos.

6.5. Sinais de perigo.

 

EXAME TEÓRICO

1. O exame compoñerase de 27 preguntas tipo test de formulación independente entre si, con catro posibles respostas cada unha. A súa duración máxima será de 45 minutos.

2. O exame corrixirase mediante un dobre criterio de valoración, de tal forma que para lograr o aprobado se deberá responder correctamente un mínimo de 17 preguntas e non se permitirá, en certas materias, superar un número máximo de erros:

a) De balizamento, máximo 2 erros permitidos.

b) De regulamento, máximo 5 erros permitidos. A distribución das preguntas de acordo coas materias de exame farase segundo o seguinte cadro.

 

UT Identificación Número de preguntas de exame Número máximo de erros permitidos Número mínimo de respostas correctas
1 Nomenclatura náutica 4 -- --
2 Elementos de amarre e fondeadura 2 -- --
3 Seguridade 4 -- --
4 Lexislación 2 -- --
5 Balizamento 5 2 3
6 Regulamento (RIPA) 10 5 5
TOTAL EXAME 27 10 17

 

TAXAS

Pode obter o Modelo AI. Autoliquidación de Taxas premendo na imaxe.

INSTRUCCIÓNS

1. Prema en Cidadáns, Pago de taxas e prezos, Iniciar taxa, Acceso libre ó servizo (Candado aberto) e Iniciar taxa.

2. Na pantalla "Datos da taxa" deberá cubrir o seguinte:

(Prema aquí para ver)

3. Prema en Continuar.

4. Na pantalla "Datos identificativos" deberá indicar os seus datos persoais. Prema en Continuar.

5. Por último, na pantalla "Modo de pago" poderá escoller entre a opción de Pago telemático (Se desexa efectuar o pago telemático con tarxeta ou cargo en conta) e a opción de Descargar modelo presencial (Permite a descarga do modelo de autoliquidación cuberto cos datos recén capturados para imprimir e efectuar o pago presencial nunha entidade financeira colaboradora).

 

NORMATIVA

* Real Decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de recreo