Política de calidade

O Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico, na súa pretensión de mellorar os servizos formativos e avaliadores da competencia, así como de incrementar a satisfacción dos nosos clientes (en particular, os alumnos e, en xeral, a sociedade), implementou un Sistema de Xestión de Calidade conforme coa norma UNE–EN–ISO9001:2015.

Este Sistema de Xestión de Calidade, foi desenvolvido seguindo as seguintes directrices xerais:

 

ORIENTACIÓN AO CLIENTE

Os nosos clientes son os alumnos que formamos e o sector marítimo-pesqueiro que demanda persoal formado para a súa contratación.

Baseándonos no coñecemento da nosa tipoloxía de alumnos así como mantendo unha comunicación permanente co sector que demanda novos profesionais, podemos realizar un enfoque dentro das nosas materias para cumprir con os requirimentos de ambos. Con isto tratamos de conseguir a satisfacción plena tanto dos alumnos como das empresas contratantes.

 

CUMPRIMENTO DE REQUISITOS

• Todo o persoal, tanto docente como non docente, debe coñecer e cumprir os requisitos legais, regulamentarios e normativos que afectan á súa propia actividade no centro.

• Todo o persoal debe coñecer e cumprir os procedementos documentados que se desenvolveron para dar soporte á Xestión de Calidade.

• Cumprimento do convenio STCW e normativa española (Orde FOM 2296/2002 e 1415/2003).

 

AMBIENTE DE TRABALLO ADECUADO

• Conseguir un ambiente de traballo cordial redunda en beneficios para todo o persoal do centro e, por extensión, mellora os procesos formativos e de avaliación dos alumnos.

• A colaboración e implicación das persoas é imprescindible para un bo funcionamento interno e, por extensión, mellora o proceso de aprendizaxe dos nosos alumnos.

 

MELLORA CONTINUA

• As pequenas achegas e suxestións de cada un de nós, así como do alumnado, conforman a base que nos permite achegar maior valor aos nosos procesos formativos e de avaliación da competencia.

 

SATISFACCIÓN DE CLIENTES

• Os nosos clientes son os alumnos e a sociedade receptora dos seus coñecementos, en particular os armadores e navieras que contratan aos nosos alumnos.

A súa satisfacción debe ser nosa principal preocupación.

 

OBXECTIVOS

• O fin último das nosas actividades é formar os mellores profesionais, capacitándoos para o exercicio seguro das súas funcións no mar.

• Este obxectivo último desprégase de forma anual en obxectivos concretos e documentados que deben servir de directrices para todos os integrantes do centro.