Formación sanitaria específica avanzada

A ORDE PRE/646/2004, do 5 de marzo, ten por obxecto o establecemento das condicións e contidos aos que han de axustarse os cursos de formación sanitaria para os traballadores do mar nos niveis que se determinan nos artigos terceiro e cuarto da mesma, así como as condicións para a expedición e homologación dos certificados de formación sanitaria.

 

DESTINATARIOS

Están obrigados a estar en posesión do certificado do curso de formación sanitaria específica avanzada os capitáns, patróns e oficiais que haxan de encargarse da garda de navegación en buques obrigados a levar o Botiquín A ou B, segundo o disposto no Real Decreto 258/1999, do 12 de febreiro.

 

CONDICIÓNS PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO

Para a obtención do certificado de formación sanitaria específica avanzada, o alumnado deberá:

- realizar satisfactoriamente un curso de formación sobre os coñecementos teórico-prácticos, e

- aprobar o exame teórico-práctico establecido para o efecto.

A duración do curso será de 40 horas lectivas, das cales 18,5 horas serán de coñecementos teóricos e 21,5 horas de contidos prácticos.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A MATRÍCULA

As persoas candidatas interesadas no curso de formación sanitaria específica avanzada achegarán a seguinte documentación para realizar a matrícula:

- Modelo de solicitude. Descargue a solicitude AQUÍ.

- Copia do DNI/NIE polas dúas caras.

- Fotocopia da tarxeta profesional, certificado do curso profesional ou certificado dun centro de estudos ou empresa.

As solicitudes deberán presentarse:

- nos centros oficiais de ensino pesqueiro onde se examinen os/as aspirantes, ou

- por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

IMPORTANTE: Con anterioridade á formalización da matrícula, as persoas interesadas informaranse nas secretarías dos centros para coñecer as datas dispoñibles de realización do curso.

 

ASISTENCIA AO CURSO

A asistencia ao curso por parte do alumnado matriculado será obrigatoria.

 

EXAME

Para a obtención do certificado de aptitude será preciso superar o exame correspondente.

 

PROGRAMA: MÓDULOS FORMATIVOS E TEMPORALIZACIÓN SOBRE OS COÑECEMENTOS TEÓRICO-PRÁCTICOS

1. Recursos sanitarios para os mariños (1 hora)

2. Estrutura e funcións do corpo humano (2 horas)

3. Historia clínica elemental e exame do paciente (3 horas)

4. Asfixia e parada cardíaca (3 horas)

5. Hemorraxias e choque (1,5 horas)

6. Feridas (3 horas)

7. Queimaduras e conxelacións (3 horas)

8. Trastornos ambientais por frío e calor (1 hora)

9. Intoxicacións a bordo (1 hora)

10. Escordaduras, luxacións e fracturas (3 horas)

11. Transporte de feridos (3 horas)

12. Accidentes de traballo e enfermidades (1 hora)

13. Hixiene persoal e do buque (1 hora)

14. Enfermidades de transmisión sexual e enfermidades tropicais (1 hora)

15. Lesións nos oídos, o nariz, a garganta e os ollos. Odontoloxía (1 hora)

16. Uso indebido de drogas e alcol e outras urxencias psiquiátricas (1 hora)

17. Morte no mar (0,5 horas)

18. Atención ao parto (1,5 horas)

19. Administración de medicamentos e botiquíns a bordo (5 horas)

20. Consulta médica por radio (3,5 horas)

 

NORMATIVA

* Orde PRE/646/2004, do 5 de marzo, pola que se establecen os contidos mínimos dos programas de formación sanitaria específica e as condicións para a expedición e homologación do certificado de formación sanitaria dos traballadores do mar