Aumento de atribucións de mecánico/a naval

O artigo 11 do Real Decreto 36/2014, de 24 de xaneiro, polo que se regulan os títulos profesionais do sector pesqueiro, no seu apartado 2.d), establece que o/a mecánico/a naval poderá exercer como primeiro oficial de máquinas en buques de pesca de potencia propulsora non superior a 6.000 quilowatts, sempre e cando acredite:

- cumprir os requisitos e condicións de embarque sinalados no apartado 1 do mencionado artigo; e

- ter superado o curso cuxo contido se establece no Anexo II da Resolución do 31 de maio de 2010, da Dirección Xeral da Mariña Mercante, pola que se establecen os cursos de acreditación de Mecánicos Maiores Navais e Mecánicos Navais para o exercicio profesional en buques mercantes ata 6.000 quilowatts.

 

CONDICIÓNS DE ACCESO AO CURSO

Para o acceso ao curso de aumento de atribucións ata 6.000 quilowatts como oficial/a primeiro/a de máquinas, o alumnado deberá estar en posesión da tarxeta de mecánico/a naval ou mecánico/a naval de primeira.

No caso de que o número de solicitudes sexa maior que o número de prazas ofertadas, achegaranse os días de embarque a efectos de selección. 

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A MATRÍCULA

As persoas candidatas interesadas no curso de aumento de atribucións ata 6.000 quilowatts como oficial/a primeiro/a de máquinas achegarán a seguinte documentación para realizar a matrícula:

- Modelo de solicitude. Descargue a solicitude AQUÍ.

- Copia do DNI/NIE polas dúas caras.

- Copia compulsada da mecánico/a naval ou mecánico/a naval de primeira.

- Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame.

As solicitudes deberán presentarse:

- nos centros oficiais de ensino pesqueiro onde se examinen os/as aspirantes, ou

- por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

IMPORTANTE: Con anterioridade á formalización da matrícula, as persoas interesadas informaranse nas secretarías dos centros para coñecer as datas dispoñibles de realización do curso.

 

TAXAS

Pode obter o Modelo AI. Autoliquidación de Taxas premendo na imaxe.

INSTRUCCIÓNS

1. Prema en Cidadáns, Pago de taxas e prezos, Iniciar taxa, Acceso libre ó servizo (Candado aberto) e Iniciar taxa.

2. Na pantalla "Datos da taxa" deberá cubrir o seguinte:

 Consellería de: O Mar  Código: 12
 Delegación de: Vigo  Código: 41
 Servizo de: Desenvolvemento Pesqueiro   Código: 05
 Taxa: denominación
 Probas profesionais de pesca  Código: 301900
 Obxecto de pago  Aumento atribucións mecánico/a naval 
 Datos de pago  84,81 €

3. Prema en Continuar.

4. Na pantalla "Datos identificativos" deberá indicar os seus datos persoais. Prema en Continuar.

5. Por último, na pantalla "Modo de pago" poderá escoller entre a opción de Pago telemático (Se desexa efectuar o pago telemático con tarxeta ou cargo en conta) e a opción de Descargar modelo presencial (Permite a descarga do modelo de autoliquidación cuberto cos datos recén capturados para imprimir e efectuar o pago presencial nunha entidade financeira colaboradora).

 

ASISTENCIA AO CURSO

A asistencia ao curso por parte do alumnado matriculado será obrigatoria.

 

PROGRAMA: MÓDULOS FORMATIVOS E TEMPORALIZACIÓN SOBRE OS COÑECEMENTOS TEÓRICO-PRÁCTICOS

1. Prevención da contaminación (15 horas).

Normativa actual: Nacional e internacional.

Separación de augas oleosas.

Tratamento de augas residuais.

Tratamento de residuos sólidos.

2. Prevención de riscos laborais (5 horas).

Concepto de perigo e risco.

Identificación de perigos e avaliación de riscos nas instalacións de máquinas.

Medidas para a prevención e resposta a continxencias.

Normativa actual.

3. Control: Regulación e mando automático (20 horas).

Principios de mando e regulación.

Estudo dos sistemas de mando e regulación a bordo.

Os controladores lóxicos programables: aplicación a bordo.

4. Planta propulsora e xeración eléctrica (40 horas).

Sistema de hélice de paso variable.

Sistemas hidráulicos a bordo.

Hidráulica proporcional.

Sistemas de xeración.

Estudo e interpretación de planos eléctricos.

5. Refrixeración e conxelación (20 horas).

Instalacións típicas en buques frigoríficos.

6. Plantas de Xeración de Vapor (20 horas)

Caldeiras, a súa operación e mantemento.

Plantas de vapor a bordo.

Turboalternadores e turbobombas.

 

NORMATIVA

* Real Decreto 36/2014, do 24 de xaneiro, polo que se regulan os título profesionais do sector pesqueiro.

* Real Decreto 973/2009, do 12 de xuño, polo que se regulan as titulacións profesionais da mariña mercante.

* Resolución do 31 de maio de 2010, da Dirección Xeral da Mariña Mercante, pola que se establecen os cursos de acreditación de Mecánicos Maiores Navais e Mecánicos Navais para o exercicio profesional en buques mercantes ata 6.000 quilowatts.