Habilidades sociais

OBXECTIVO

Coñecer a estrutura dun programa exemplarizado de adestramento en asertividade e habilidades sociais, de modo que lle axude ao alumno/a no desenvolvemento das súas tarefas persoais e sociais, dentro do seu marco laboral.

 

CONDICIÓNS DE ACCESO AO CURSO

Para o acceso ao curso de habilidades sociais, o alumnado deberá ter o certificado de mariscador/a ou percebeiro/a ou certificado de mariscador/a a mergullo.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A MATRÍCULA

As persoas candidatas interesadas no curso de habilidades sociais achegarán a seguinte documentación para realizar a matrícula:

- Modelo de solicitude. Descargue a solicitude AQUÍ.

- Fotocopia do DNI/NIE polas dúas caras.

**Terán preferencia os/as candidatos/as que teñan certificado de mariscador/a ou percebeiro/a ou certificado de mariscador/a a mergullo.

As solicitudes deberán presentarse:

- nos centros oficiais de ensino pesqueiro onde se examinen os/as aspirantes, ou

- por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

IMPORTANTE: Con anterioridade á formalización da matrícula, as persoas interesadas informaranse nas secretarías dos centros para coñecer as datas dispoñibles de realización do curso.

 

ASISTENCIA AO CURSO

A asistencia ás clases é obrigatoria. Nas actividades formativas levarase un control de asistencia.

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Nesta valoración terase moi presente a capacidade de incorporación do/a alumno/a ás dinámicas de traballo, de comunicación e de pautas de interrelación.

 

PROGRAMA: MÓDULOS FORMATIVOS E TEMPORALIZACIÓN SOBRE OS COÑECEMENTOS TEÓRICO-PRÁCTICOS

Módulo I. A comunicación asertiva.

Módulo II. Traballo en grupo. Dinámica en grupos.

Módulo III. O proceso de toma de decisións e resolución de conflitos.

Módulo IV. Xestión do tempo e organización de reunións de traballo.

Módulo V. O liderazgo.

Módulo VI. O proceso de comunicación.

 

O curso terá unha duración de trinta horas lectivas.