Benvida

Benvidos ao Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico en Vigo (IPMP Vigo)

O IPMP de Vigo foi creado en 1965 para impartir as ensinanzas profesionais Náutico e Marítimo-Pesqueiras. Transferido á Xunta de Galicia no ano 1982, na actualidade está adscrito á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, da Consellería do Mar. É o centro nacional de referencia en materia de pesca e navegación. A súa privilexiada situación e as súas modernas instalacións convertéronno nun punto de referencia formativa no sector.

No centro, ademáis dos ciclos formativos da familia profesional marítimo-pesqueira:

  • CM Mantemento e control de maquinaria de buques e embarcacións
  • CM Navegación e pesca de litoral
  • CS Organización do mantemento de maquinaria de buques e embarcacións
  • CS Transporte martítimo e pesca de altura

impártense, tamén, cursos formativos e profesionais relacionados coa rama náutico e marítimo pesqueira.