O noso centro participa no programa " Enerxía con Conciencia" da Fundación Repsol. Os departamentos de Tecnoloxía e Bioloxía e Xeoloxía están a elaborar co alumnado unha auditoría enerxética para analizar os consumos de enerxía eléctrica, combustibles e auga no día a día do funcionamento do centro co obxectivo de facer unha serie de propostas de mellora buscando a racionalización e eficiencia no seu uso.
Ao longo dos próximos días todos seredes tamén protagonistas destas actuacións... porque ¿que facedes vos para aforrar enerxía?
Coma estes últimos anos, para conmemorar o Dia do Libro o 23 de abril organizaranse diversas actividades no centro.
1. Terá lugar un acto de Colocación de novas placas que darán nome a 7 aulas do centro, recoñecendo a personaxes ilustres de Negreira e comarca ao que asistirán invitados os familiares das persoas homenaxeadas e estará amenizado por unha actuación musical.
2. Nos recreos lúdicos haberá unha CITA A CEGAS cos libros, actividade organizada pola ANPA A Barcalesa.
Tedes todas as fotos do acto no Facebook do instituto.
Publícase a Orde de 21 de marzo de 2018 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Os días 20 e 21 de Abril 7 alumnos e alumnas do servzo de mediación do centro acompañados pola coordinadora, Kety Lois , a orientadora, Cristina Galdo, a xefa de estudos, María Blanco, a vicedirectora, Clara Rodriguez e o director, Adelino Pose, asistirán as VI Xornadas da Rede de Centros para unha convivencia positiva, que terán lugar no IES Plurilingüe Fontexería da vila de Muros. O IES Xulián Magariños colabora na organización destes encontros.
O 11 de abril o alumnado de 4º ESO realizou unha visita á depuradora e á potabilizadora de Negreira saindo a segunda hora e regresando a última.