|
ATENAS. O Odeon de Herodes Ático ao pé da Acrópole.
|
A diferenza dos edificios da Acrópole, este odeón data da época romana e construiuno entre 161 e 174 d.C un home de negocios ateniense que se chamaba Tiberio Claudio Herodes Ático, en memoria da súa muller. Segue o estilo dos teatros romanos, tiña unha capacidade para 5.000 espectadores. Restaurouse en 1955, e aínda se utiliza no festival de Atenas, que se celebra de xuño a setembro.
|
|