Eventos
O IES Xulián Magariños na Galiciencia!! As profesoras Natalia Freire e Josefa Paulos coordinan os dous equipos que presentan os seus proxectos de economía circular na máis importante feira científica escolar de Galicia, un sobre contenedores SMART que fan reconto automático dos envases que teñen e envían un aviso por internet cando están cheos, e outro sobre "upcycling" de refugallo informático. "La Voz de Galicia" tamén menciona os nosos proxectos.
Honrados de que o noso ximnasio leve o nome de Alba Cuns Iglesias. Onte, nun emotivo acto, Alba procedeu a colocar a placa co seu nome na porta de acceso. Nese acto tamén estreouse un vídeo realizado pola profesora Leticia Riestra no que se recolle a súa traxectoria deportiva e persoal nestes anos.
É unha excelente alumna que se gradúa este ano en Bacharelato con matrícula de honra e como todos vós sabedes, tamén unha excepcional deportista cunha enorme proxección.
Alba é ademáis un exemplo de capacidade de traballo e sacrificio, e de que ese sacrificio ao final da os seus froitos.
Durante estes últimos anos o noso ximnasio foi parte clave dos seus entrenamentos, de ahí que pensemos que ningúen mellor que ela para darlle nome.
Adxúntanse as modificacións no PEC e as feitas polos departamentos nas súas programacións didácticas para adaptarse á Orde de 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de ed. primaria, ESO e de Bacharelato.
Ademáis de poder disfrutar relaxadamente dun bo libro no novo recuncho de lectura, non esquezades botar unha ollada ás obras dalgúns escritores ucraínos dispoñibles nos nosos fondos.
Publícase o calendario de xuño coas datas sinaladas e información relevante.
* inclúe información sobre datas de avaliación, devolución de equipos e libros de texto, entrega de notas e reclamacións.
NOTA: A saída as 14:00 h será para alumnado que non fai uso do transporte escolar. O horario do saída do alumnado que sí usa o transporte escolar está a expensas da confirmación da compañía concesionaria.
Publicada a oferta de ciclos de Formación Profesional en Galicia e prazas dispoñibles para admisión.
Lembra que aquí no IES Xulián Magariños ofertamos un Ciclo Básico de Comercio e na familia de Informática e Comunicacións o ciclo medio de Sistemas microinformáticos e redes e o Ciclo Superior de Administración de sistemas informáticos en rede cunha gran demanda de profesionais.
Se te queres matricular en 1º curso dos nosos ciclos de Formación Profesional de Grao Medio ou Superior ten en conta estes prazos, xa que tes que pasar un proceso de admisión. A presentación de solicitudes de admisión irá do 23 de xuño ao 5 de xullo as 13:00 horas!
TODA A INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN EN https://www.edu.xunta.gal/portal/node/37232
Información para o alumnado inscrito nos Premios Extraordinarios de Bacharelato: Publicados os lugares de realización da proba. O alumnado do IES XUlián Magariños realizará a proba no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela
O vindeiro venres 17 haberá unhas charlas orientativas para as familias con respecto ás matrículas do vindeiro curso. Debido ao tamaño do salón de actos rogamos veña unha única persoa por familia.
HORARIO DAS CHARLAS
18:00 para familias de alumnado que pasa de 2º a 3º ESO
18:30 " que pasa de 3º a 4º ESO
19:00 " que pasa de 4º para 1º de bacharelato
19:30 " que pasa de 1º a 2º bacharelato
Rogamos puntualidade.