Eventos
Durante este curso, dentro dun proxecto de colaboración con AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) o alumnado de FPB tivo a ocasión de comunicarse con alumnado da República Dominicana mediante videocartas. Nesta ligazón podedes acceder a os vídeos elaborados por eles.
Publicadas as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas do vindeiro curso
O xoves 8 publicaremos no taboleiro de anuncios do centro a listaxe provisional de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario e a listaxe de solicitudes excluidas. (alumnado de 2º a 4º ESO)
As persoas solicitantes poden tamén acceder por vía electrónica ao seu expediente na aplicación FONDO LIBROS mediante certificado dixital ou chave 365.
Os interesados poderán reclamar ata o día 13 de xullo.
Publicamos tamén no taboleiro de anuncios a listaxe de beneficiarios das axudas para adquisición de material escolar (vale de material) (alumnado de 1º a 4º ESO).
En 1º de ESO, no que respecta ás materias que NON entran dentro do Programa Edixgal e polo tanto necesitan libro de texto (Matemáticas, Xeografía e historia, Inglés e Francés) o centro dispón das seguintes existencias : Matemáticas: 49 libros, XH: 51 libros, Inglés:67 libros e francés: 17 libros, que serán repartidos entre o alumnado.
O consello escolar acordou que no reparto se priorice ao alumnado con menor renta polo que se prestarán en primeiro lugar ao alumnado que resulte adxudicatario das axudas para adquisición de material escolar. De haber libros sobrantes procederíase a un sorteo dos mesmos entre o alumnado restante. A falta da matrícula definitiva en setembro case podemos asegurar que o alumnado adxudicatario do vale de material escolar recibirá en préstamo por parte do centro os libros de Matemáticas, Xeografía e Historia e Inglés.
Como o reparto final non o podemos coñecer ata ter os datos de matrícula definitiva en setembro solicitamos ás familias que non se apresuren en mercar os libros de texto.