Eventos
Durante esta semana, do luns 16 ao venres 20 de xaneiro, terá lugar a primeira quenda de exames para recuperación de materias pendentes de cursos anteriores.
Durante esta semana, do luns 16 ao venres 20 de xaneiro, terá lugar a primeira quenda de exames para recuperación de materias pendentes de cursos anteriores.
Durante esta semana, do luns 16 ao venres 20 de xaneiro, terá lugar a primeira quenda de exames para recuperación de materias pendentes de cursos anteriores.
O alumnado de 2º de ESO está a realizar e probar estructuras tubulares de papel. A correcta triangulación das mesmas é esencial para que amosen unha apreciable resistencia
Conferencia "É posible outro Holocausto?", impartida hoxe por Xoán Garrido Vilariño, profesor da Facultade de Traducción e Interpretación da Universidade de Vigo dentro da homenaxe a compañeira e profesora de Francés, Chus Martelo Cao, falecida hai dous cursos. A esta actividade acudiron alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato. Na introdución houbo unhas emotivas palabras do director, recordando a profesora falecida na súa faceta profesional e tamén na persoal. Coordinou Isabel Martínez Rodríguez e organizou o Departamento de Francés.
Este venres, día 27, o Grupo de Traballo de Convivencia organiza unha charla sobre o tema "A relaxación como recurso docente". Será impartida pola profesora Cristina Montañés de 4:30 a 7:30 da tarde, e pode asistir todo o profesorado que o desexe
Hoxe nos Recreo Lúdicos (organizados pola Anpa A Barcalesa), celebrouse o Día da Paz, unha das actividades foi unha sentada dos alumnos representando a palabra PAZ.
O vindeiro martes 31 de xaneiro, nas dúas horas da tarde, o alumnado de 4º ESO B, 1º BAC B e 2º BAC B acudirá a unha charla sobre romanización en Galicia organizada polo Depto. de Linguas Clásicas.
O departamento de Comercio do noso centro participará nun proxecto de elaboración de material didáctico para a aula sobre configuración dunha tenda no CRM "PrestaShop" e posicionamento SEO en internet. O proxecto está coordinado dende o centro IES Chan do Monte (Marín) e participan tamén o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol e o CIFP La Laboral de Gijón
Na interesantísima conferencia sobre polímeros que nos deu o pasado martes o catedrático da USC D. José Ramón Leis Fidalgo poidemos aprender sobre a altísima resistencia da seda da araña e como diversas compañías e grupos de investigación de todo o mundo intentan replicar a súa obtención mediante bioenxeñería.
FOTO: Tea de araña cuberta pola xeada no peche do instituto. J.García
O vindeiro xoves día 9 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de BAC acudirá a Santiago de Compostela a visitar as facultades universitarias. Sairán a segunda hora e regresarán a última, habendo clase a primeira hora.
Escaparate do día de S. Valentín feito polo alumnado de 1º Ciclo medio de comercio
(ver mini video no Facebook do instituto)