Eventos
"EN GALEGO, HAI UN MUNDO DE COUSAS BOAS"
Éste será o tema que hoxe Sábado 30 de Abril terán que defender, argumentar e debater os nosos campións clasificados a principios deste mes na Fase Final do Club de Debate mañá na cidade de Pontevedra ante seis equipos máis provintes de A Coruña, Ames, Ferrol ou a mesma cidade que acolle o Debate.
Estamos seguros que os nos@s estarán á altura do reto e serán capaces de deslumbrar a tod@s coma foron capaces de facelo aquí.
Moita sorte chic@s!!!!!
Visita de Miguel Villar , da directiva da asociación de empresarios de Negreira ENE, ao ciclo medio de Actividades Comerciais. Coñeceu a aula de escaparatismo e charlou co alumnado e o profesorado na aula de informática, informándose da campaña "A un paso de ti" para visibilizar en internet ás pemes e comercios de Negreira. Ao final comentou que levaba unha moi boa impresión do alumnado e que ENE colaboraría coa campaña enviando información da mesma aos seus asociados.
ÚLTIMOS TÍTULOS RECIBIDOS NO CENTRO ATA O CURSO 2013-14 INCLUIDOS.
O pasado martes, un grupo de alumnas de 1º de Bacharelato de letras asistiron aos obradoiros de cultura clásica celebrados na facultade de filoloxía de Santiago de Compostela entre os que estaban o de música, cociña, moda e un intinerario mitolóxico. Os resultados foron gratificantes. Velaí podedes ver unha pequena mostra de cada un deles.
IRIA FREIRE AGRA (3º ESO B) foi gañadora do 3º premio no concurso "Ciencia que Conta" 2016 co relato científico "A vida dende o principio". A Gala de entrega dos premios tivo lugar na Fundación Barrié en Vigo o sábado 7 de maio.
Nesta edición tamén foi seleccionado o relato "As memorias do 204" da alumna Carla García Vázquez de 3º ESO A.
Máis información en www.cienciaqueconta.com
Xa está publicada a Orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e a convocatoria de axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso escolar 2017/2018.
PRAZO ATA O 23 de XUÑO
MODELO DE SOLICITUDE
Acceso á sede electrónica da Xunta onde se pode descargar o modelo de solicitude
NORMATIVA APLICABLE
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de convocar os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015-2016. Pódense conceder ata 20 premios dotados con 1000 € e os/as premiados/as poderán estar exentos de pagar a matrícula do primeiro curso de estudos superiores nun centro público.
O prazo de presentación será de un mes contado a partir do día 3 de maio de 2016, correspondendo aos/as interesadas a súa cumprimentación e presentación. Toda a información está dispoñible na Orde de convocatoria do 11 de abril (DOG do 26).
NORMATIVA