Eventos
Hoxe a presidenta do ANPA "A Barcalesa", Magdalena Noya Ferreiro e o tesoureiro, José Rodríguez Dopazo, fixeron entrega dá cantidade recadada no Mercadillo Solidario e da achega económica da propia Asociación para as excursións de Asturias-Cantabria(4º ESO) e Londres (3º ESO), por parte do IES estiveron Clara Cristela Rodríguez Núñez, profesora responsable da viaxe a Londres, Xosé Amancio Liñares Giraut, vicedirector e responsable da viaxe de 4º ESO e o director, Adelino José Pose Reino. Moitas grazas en nome da Comunidade Educativa.
Talleres obradoiro 3 ESO.
Recreos lúdicos. Coordinadoras de Aloumiño psicoloxía. Organizou Anpa Barcalesa
A diversidade sexual e afectiva: un relato en primeira persoa.
· Helena Suárez Domínguez
· Carlos Vázquez Sánchez
Finalizamos a xornada xunt@s pola igualdade cunha Mesa Redonda, para pais, nais e profesorado:
· Ramón Torrente García. Educar na Igualdade
· Cristina Palacios . Presidenta da Asociación Arelas.
ORGANIZOU: Dptos. Orientación, Lingua Galega, Filosofía.
FELICITACIÓNS a todos os participantes e organizadores polo gran nivel acadado.
Resultou gañador o "Equipo nº1" do IES Xulián Magariños, e 2º lugar "Os Miudiños" do IES Plurilingüe de Ames.
Os dous equipos vencedores desta fase de zona obtiveron premios valorados en 500€ e 300 €, respectivamente, e agardan coñecer aos seus rivais na final de Pontevedra.
Para ver algunhas fotos, clica aquí.
Representacións de EUMÉNIDES, de Esquilo,e MENAECHMI (XEMELGOS), de Plauto.
ALUMNADO: 1º BACH., 4º ESO-B, 3º ESO A-B (Cultura Clásica)
AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE, Saída: 8:45 h. / Volta: 20:30 h. (aprox.)
PROFESORADO: MARGARITA GIL (coordinadora), PEDRO NÚÑEZ.
Organiza: Departamento de Cúltura Clásica.
Para ver o cartel da actividade, clica aquí.
O Distrito Forestal: Ámbito de traballo e funcións.
A xestión dos montes.
Produtos e servizos do monte.
Incendios forestais: Casuística e prevención.
Relator:Odón López López, Xefe do Distrito Forestal IV- Barbanza.
Alumnado 1º ESO, Salón de Actos, 11:35-12:25 horas(4ª clase).
Organiza: Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
Para ver o cartel da actividade, clica aquí.
Por Luke Roberts, Burlington Books
ALUMNADO: 3º ESO A-B (3ª hora) + 4º ESO A-B (4ª hora), SALÓN de ACTOS HORARIO: 10:45 a 12:25 H.
PROFESORADO ACOMPAÑANTE: PILAR MIRÓN (3ª hora), MÓNICA SIERRA (4ª hora).
Organiza: Departamento de Inglés.
Para ver o cartel, clica aquí.
Construción dunha obra de arte Que é para quen?
Noveno Premio Auditorio de Galicia para novos artistas
Corenta obras que convidan a pensar sobre o papel dos e das artistas na actualidade.
Fotografía, pintura, escultura, debuxo, instalación, videoinstalación, performance e unha pluralidade de técnicas de produción que nos fan reflexionar sobre o cambio que supuxo a aparición das tecnoloxías no mundo da arte e como conviven con técnicas clásicas.
Auditorio de Galicia. Santiago ALUMNADO: 1º ESO
SAÍDA: 10 h. (hai clase ata as 9:50 h.) / VOLTA: 14:25 h.
Para ver o cartel, clica aquí.
Construción dunha obra de arte Que é para quen?, Noveno Premio Auditorio de Galicia para novos artistas
Corenta obras que convidan a pensar sobre o papel dos e das artistas na actualidade. ALUMNADO: 1º ESO
Profesorado acompañante: Alberto Antelo Sánchez, Elena Páredes Sánchez e Ana Pensado Louzao.
Organizaron: Departamentos de Educación Física e Educación Plástica e Audiovisual.
Poden ver na galería de imaxes os traballos elaborados polo alumnado de FP Básica relacionados coa biografía do autor reseñado.
OLIMPÍADA MATEMÁTICA (Fase Santiago)
Escola de Maxisterio - USC, 9:15 a 14:25 h, 8 alumnos 2º ESO
(Clases habituais nos grupos do curso)
PROFESORA ACOMPAÑANTE: ANA PENSADO
Organiza: Dpto. Matemáticas
Para ver o cartel, clica aquí.
No LUNS, 25 DE ABRIL, o alumnado de LINGUA PORTUGUESA, (1º BACH.) fará un programa en RADIO NEGREIRA, dedicado a lembrar a data do 25 DE ABRIL EN PORTUGAL (REVOLUÇAO DOS CRAVOS,, REVOLUCIÓN DOS CARAVEIS)
Coordinación da profesora Nuria Araúxo. Emisión a partir das 13 h.
Organiza: Dpto. Lingua Galega.
Para ver o cartel, clica aqui.
O alumnado de 4º ESO está a traballar cos robots de Lego para familiarizarse coa programación e control de sensores e actuadores mecánicos
As alumnas Adriana Vila e Sandra Vilacoba de 2º ESO D realizaron unha maqueta para un video recreación dun capítulo de Don Quijote de la Mancha
Hoxe e mañá representantes do alumnado do Servizo de Mediadores do Centro, a coordinadora do Servizo, Kety Lois Salgado, a orientadora, Begoña Cortés Férro e o director Adelino José Pose Reino participaran nestes IV Encontros. Esperamos que teña moito éxito.
ACTIVIDADE totalmente organizada desde os Centros desde que se iniciaron, e no que participan profesorado, alumnado, pais e nais de máis de 25 Centros de toda Galicia.
IES FRAGA DO EUME (PONTEDEUME)