Skip to Content

Ciencias sociais

Proxecto europeo eTwinning

O noso centro está a participar neste curso no programa de innovación educativa Plan Proxecta+, na modalidade Patrimonio cultural a través da plataforma eTwinning”, que promove a Consellería de Educación. O noso socio europeo é a Scuola Media Pellico di Voltana en Lugo (Emilia Romagna, Italia), de aí que o proxecto se chame "Lugo connection, much more than a name".

Este proxecto ten como obxectivo potenciar o coñecemento e valoración do patrimonio cultural europeo material e inmaterial, propiciando o diálogo intercultural e a cohesión social. Dun xeito máis concreto, pretendemos, partindo do coñecemento e posta en valor do patrimonio cultural local, achegar ao noso alumnado a outras realidades europeas próximas ao tempo que contribuímos ao desenvolvemento das súas competencias.

No presente curso participará no proxecto o alumnado e as materias de:

2º ESO: Inglés, Galego, Xeografía e Historia

4º ESO: Inglés, Matemáticas

1º BAC: Inglés, Historia do Mundo Contemporáneo

25N DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O alumnado de Historia do Mundo Contemporáneo (1º BAC) realizou os seguintes carteis co motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller, desexando que no futuro non haxa que conmemorar este día.

Despois de aprender termos que resultaban algo confusos como feminismo, sororidade ou violencia vicaria, reflexionamos sobre esta lacra que afecta á nosa sociedade.

O alumnado escolleu motivos, referencias ou citas históricas para realizar os carteis coa ferramenta Canva para dar visibilidade e denunciar os distintos tipos de violencia que sofren as mulleres.   

Visita virtual á exposición As miradas de Isaac (Cidade da Cultura)

O alumnado de 1º BAC tivo a oportunidade de facer unha visita virtual á exposición As miradas de Isaac na Cidade da Cultura en Santiago.

A exposición inaugurada co gallo do centenario de Isaac Díaz Pardo fai unha restrospectiva da súa vida e obra. Dende a biblioteca do noso centro conectamos en directo coa exposición.

O guía explicounos con detalle as distintas etapas da vida do intelectual e humanista galego a partir da exposición e resolveu todas as consultas que realizou o alumnado.

Os pequenos fragmentos audiovisuais das últimas entrevistas do propio Isaac Díaz Pardo foron nos axudaron a comprender a súa mirada ante o mundo que nos tocou vivir: "vivimos na sociedade da rede, rede na que estamos cazados sen poder saír".

 Podes ver máis abaixo fotografías e información da exposición. Notas da visita virtual

Irmandade coa Scuola Secondaria Pellico di Voltana en Lugo (Italia)

Dende finais de xaneiro o IES Xoán Montes iniciou un bonito proxecto coa Scuola Secondaria Pellico di Voltana situada na cidade homónima á nosa situada na rexión italiana de Emilia Romaña. No abeiro do programa e-Twinning, estableceuse o contacto entre o profesorado e alumnado dos dous centros e deseñáronse distintas propostas didácticas multidisciplinares.

Na prensa local de Ravenna fixéronse eco desta actividade, preme aquí para ler a noticia. (A noticia está en italiano, pódese ler aquí a tradución a galego).

 

AVISO: SUSPENSIÓN DAS CLASES DENDE O 16 DE MARZO

 

Co motivo da suspensión das clases polas medidas de prevención adoptadas ante o covid-19, as actividades de todos os grupos do Departamento de Xeografía e Historia enviaranse a traves das aulas virtuais (Moodle e Google Classroom).

COÑECIMOS O CUBO VII EN PROFUNDIDADE

O día 27 de febreiro o alumnado de 1º e 2º BAC tivo a oportunidade de coñecer de primeira man os traballos de rehabilitación e restauración levados a cabo no cubo VII da muralla, sito no patio do noso instituto.

visita cubo charla

Viaxe pedagóxica do alumnado de Bacharelato a Roma

O alumnado de Historia da Arte e de Grego de 1º e 2º de BAC do IES Xoán Montes, acompañados polas profesoras das respectivas materias, acaba de regresar da súa viaxe cultural a Roma. Durante cinco días tiveron a oportunidade de visitar algúns lugares emblemáticos da città eterna como podemos ver nas imaxes. Co obxectivo de que coñecesen as obras de arte no seu contexto, na cidade do Tíber visitaron, entre outros lugares, o Coliseo, o Panteón, o Vaticano, e as Galerías Doria Pamphili e Borghese.

Distribuir contido


by Dr. Radut