CALENDARIO ROMANO: COMO DATABAN OS ROMANOS?
O calendario romano do S. I a.C., con algún cambio que se lle fixo no século XVI, é o que temos hoxe en día. Pero tiña unha diferencia fundamental con respecto ao noso: a maneira de indicar os días do mes. A forma de datar xira en torno a tres datas claves que había no mes: Kalendas (Kal. ), o día 1 de cada mes, Nonas (Non. ), o día 5 ou o 7 ( nos mesesde marzo, maio, xullo e outubro) e Idus (Id.), o día 13, ou o 15 nos meses sinalados.
Existen tres posibles formas de datar:
- Se se trata dunha data clave, sexa cal sexa ésta: utilízase a abreviatura da data clave seguida da abreviatura do mes.
1 de Janeiro: Kal. Ian.
15 de marzo: Id. Mar.
5 de abril: Non. Apr.
MES |
ABREVIATURAS |
Xaneiro |
Ian. |
Febreiro |
Feb. |
Marzo |
Mar. |
Abril |
Apr. |
Maio |
Mai. |
Xuño |
Iun. |
Xullo |
Iul. |
Agosto |
Aug. |
Setembro |
Sept. |
outubro |
Oct. |
Novembro |
Nov. |
Decembro |
Dec. |
- Se é o día inmediatamente anterior ou posterior á data clave:
Se é o día anterior empregábase a palabra pridie (que significa o día anterior) e a data clave e o mes correspondente. Por ex. 31 de decembro. Pridie Kal. Ian.
Se é o día posterior utilizábase a expresión postridie (que significa el día después), seguida da data clave e o mes. Por ex. 2 de Janeiro: postridie Kal. Ian.
- Se é calquera outro día:
Tómase como referencia a data clave máis próxima; cóntanse os días (inclusivos o de partida e chegada). Utilízase a abreviatura a.d. (ante diem: o día antes) seguida do número de días en números romanos e a data clave e o mes en abreviatura.
Por ex. Para datar o 25 de Xaneiro seguiremos os seguintes pasos:
Comprobar que non se trata dunha data clave ou día posterior ou anterior.
Fixarnos en cal é a seguinte data clave (neste caso as Kalendas de febreiro).
Contar o número de días ata esa data : hai 8, contando o 25 e o 1.
Xa podemos datar:a.d. VIII Kal.Feb. (ou sexa, 8 días antes das Kalendas de febreiro)
Nos anos bisiestos, engadíase un día pero non ao final, como agora, senón despois do que correspondería ao noso 24 de febreiro e que se lle chamaba 24-bis, ou sexa, segundo o xeito romano de datar a.d. bis VI Kal. Mar (ante diem bis sextum kalendas martias). É precisamente da forma latina bis sextum de donde procede a nosa palabra bisiesto.
Agora que sabemos como indicar o día no mes só nos falta saber como indicaban os anos. O modo máis corrente consistía en indicar o nome dos cónsules correspondente ao ano en cuestión, pois en Roma todos os maxistrados, non sendo o censor e o dictador, eran elididos por un ano. Pero tamén existía a posibilidade de tomar como referencia o ano da fundación da cidade (753 a.C.) e expresábase así: ano + A.U.C. (ab urbe condita, dende a fundación da cidade). Os gregos utilizaban como referencia a data da primeira Olimpiada (o 776 a.C.).