Como moitos de vós saberedes, hai varios meses que un grupo de alumnos de 3º de ESO ven carteándose con outro grupo de alumnos de Bearsden Academy. A iniciativa partiu do profesor Gareth Kearney, docente no mencionado centro escolar escocés e antigo lector de inglés no IES Xoán Montes. O alumnado dos dous centros realiza esta actividade coa intención de mellorar a súa expresión escrita (en inglés os galegos e en castelán os escoceses).
O motivo da publicación desta nova non é outro que o de agradecer aos nosos amigos escoceses a recepción dun paquete de regalos: caramelos, galletas, folletos informativos, fotografías, debuxos e un mural onte se nos presentan. Expuxemos o mural na aula de 3º B, mentres os folletos e debuxos están na aula de 3º A. O que non expuxemos foron os caramelos e as galletas, que estaban tan deliciosos que non duraron moito.
WE WERE DELIGHTED TO RECEIVE ALL THE LITTLE PRESENTS! (specially the sweets ) THANK YOU VERY VERY MUCH!!