LÉMBROME...
Lémbrome da miña infancia en
Mondoñedo, onde pasaba case todas as vacacións de verán, xogando cos meus curmáns e curmás, e onde disfrutaba de longas tardes ao sol.
Lémbrome da miña avoa, que sempre nos
preparaba unha limoada polas tardes e nos levaba a dar doces voltas.
Lémbrome de cando, polas noites, nos
contaba marabillosos e intrigantes contos, cos que todos quedabamos
durmidos.
Lémbrome da miña curmá pequena, á
que sempre estiven moi apegada, xa que somos máis ou menos da mesma
idade, e do ben que o pasabamos xuntas.
Lémbrome dos xogos que organizaba o
Concello, no Campo dos Remedios, onde nos xuntabamos todos os pícaros
e competiamos para ver a quen se lle daba mellor calquera das
actividades propostas.
Lémbrome das tardes na piscina, onde
os meus irmáns e mais eu nadabamos o máis rápido posible para ver
quen chegaba antes ao outro lado da piscina.
Lémbrome tamén das actuacións que as
miñas curmás e mais eu preparabamos, e de cando miña avoa, nestes
casos, aparecía disfrazada para meternos un susto e pasar entre
todas un bo momento.
Helena Traveso (1ºBACH A)
LÉMBROME...
Lémbrome da primeira casa na que
vivín, na rúa Ourense, e do moito que me gustaba o meu cuarto.
Lémbrome da primeira palabra que
pronunciou a miña irmá pequen, pois faláballe todos os días ata
que ela me dicía algo. O mesmo ocorreu para que aprendese a andar, a
pronunciar o erre dobre, a montar en bicicleta; non a deixaba nin un
minuto.
Lémbrome do primeiro día que fun á
escola, equivoqueime de aula e había nenos tan maiores!
Lémbrome da miña amiga Laura, á que
lle tiña rabia daquela porque non me deixaba ver as tartarugas que
tiñamos na clase.
Lémbrome da vez na que a profesora de
infantil nos ensinou as vogais e tamén de cando había tormenta e
morriamos de medo.
Lémbrome da miña avoa esperando por
min e por miñas irmás á saída da escola, se nos traía galletas
era o noso día de sorte.
Lémbrome da vez que fun facer a compra
con miña nai e coas miñas irmás e, facendo unha demostración do
meu equilibrio sobre unha perna, tirei todos os botes de espárragos
que había no estante. Miña nai, para que escarméntase, dixérame
que ía vir a policía por min.
Lémbrome de cando tiña uns cinco anos
e estaba en Muros, era Semana Santa, e vendo a procesión, mentres
había un silencio sepulcral, berrei: Mira mamá, a Barbie!
Lémbrome dunha das primeiras
excursións ás que fun, cando miña nai veu buscarme viume triste e
preguntoume qué me pasaba, eu díxenlle que toda a clase pensaba que
mexara por min. Lémbrome de lle dicir: Son tontos, mamá, cáeme
auga.
Lémbrome da vez que me puxeron un
parche nos ollos e estiven unha semana sen ir ás clases porque non
vía nada.
Lémbrome dos veráns en Guemsey, dos
días que ía alí á escola e ao principio non entendía nada, pero
tamén me lembro de chorar o último día por non querer marchar.
Cristina Knight (1º BACH A)
LÉMBROME...
Lémbrome de Lugo, o lugar onde nacín
en maio de 1992 e onde transcorre a miña vida.
Lémbrome de cando rubía escaleira
arriba sempre que a miña avoa se despistaba.
Lémbrome de meu avó, que contaba
todos os contos que vivira ao longo da súa vida, algúns incluso de
medo.
Lémbrome da miña avoa, que cociñaba
os pratos máis ricos que se poidan probar. Aínda os segue
cociñando, por sorte para min.
Lémbrome da miña aldea e das tardes
que pasaba xogando cos meus primos ou paseando cando facía sol.
Lémbrome das tardes chuviosas en que
pasaba o tempo enredando con calquera cousa, incluso coas pinzas da
roupa.
Lémbrome das series que vía na
televisión, as miñas favoritas eran Boraemon e os Teletubies.
Lémbrome da ilusión que me facía
aparecer no Xabarín Club cando facía anos.
Lémbrome das festas do San Froilán,
tan importantes en Lugo, e de como me encantaba ir onde estaban as
atraccións e montar nas que máis me gustaban.
Lémbrome de tantas cousas, que sería
imposible poñelas todas neste folio; así que o “lémbrome”
tereino que rematar aquí.
Teresa González (1º BACH A)
LÉMBROME...
Lémbrome da Pobra do Caramiñal, onde
me bautizaron.
Lémbrome do Campiño, onde vivían
antes os meus avós.
Lémbrome da Milagrosa, onde estudei
dende os tres anos ata sexto de Primaria.
Lémbrome das veces que lle levantaba a
falda a Sor Amparo e ela me pegaba na man para que non o volvese
facer.
Lémbrome do día que rompín un dente
mentres xogaba á “campá” con Natalia, no patio do colexio.
Lémbrome do día que atei a Laura
Méndez a un banco, durante o recreo, esquecéndoseme despois
volvela desatar.
Lémbrome das tardes no colexio
bailando danza galega.
Lémbrome do sorriso de Sor María.
Lémbrome do día que cheguei ao novo
colexio e comezaron a dicirme nomes dos que non me acordaba aos cinco
minutos.
Lémbrome do meu avó, que me levaba
con el a todas partes.
Lémbrome das pelexas co meu irmán
pola televisión.
Lémbrome dos veráns na praia cos meus
curmáns e cos meus pais.
Lémbrome de Gala, de cómo corría
detrás de min e me comía os xelados en canto me despistaba un
pouquiño.
Lémbrome do día que tivemos que
sacrificala e das bágoas de meu avó mentres a enterraba ao final da
finca.
Lémbrome dos días de verán dumindo
nunha tenda de campaña no monte e lémbrome das historias de medo
que o padriño de meu irmán nos contaba a partir das 12 da noite.
Lémbrome das batallas de globos de
auga cos meus veciños.
Lémbrome do día que descubrín que
lles tiña alerxia aos gatos grazas ao dunha amiga.
Lémbrome da ilusión do día de Reis.
Lémbrome dos amigos e dos que non o
chegaron a ser.
Lémbrome de moitos momentos que
permanecerán gardados na miña memoria para sempre.
Raquel Durán (1º BACH A)
LÉMBROME...
Lémbrome de Outeiro de Rei, o lugar
onde coñecín a natureza. Alí, da man do meu padriño, descubrín a
maxia das árbores e xoguei, como nunca o fixera, rodeada dos meus
cadeliños.
Lémbrome do meu colexio, o lugar onde
aprendín que o mundo era moi grande. Tamén lembro que alí vin os
meus amigos por primeira vez.
Lémbrome da miña avoa, que me coidaba
con moito agarimo mentres meus pais traballaban. Lémbrome de como
xogaba con ela, de como me ensinou a ler, de como escribiamos e
debuxabamos xuntas. Lémbrome de meu avó (o seu marido), de cando
paseaba pola praia..., gustáballe tanto!
Lémbrome de cando saía do colexio e
esgotaba toda a enerxía xogando ás esquinas, ás agachadas, ao
balompé, ao voleibol... Recordo como riamos, coa inocencia dos
primeiros anos de vida, nunha época na que non existía a
preocupación nin a tristeza, nin ningunha emoción negativa. Existía
tan só a ledicia e os plans de futuro non ían máis lonxe do
presente.
Lémbrome dos veráns en Miño xogando
con Esperanza e Andrea, tomando o sol, bañándonos no mar, facendo
castelos de area e vixiando que ningún rapaciño levase un mérito
que era noso.
Alba Pereira (1º BACH A)
LÉMBROME...
Lémbrome das tardes enteiras correndo
polo parque de preto da miña casa.
Lémbrome dos días de Entroido, nas
rúas, co meu disfrace de princesa.
Lémbrome dos xogos do patio cos meus
compañeiros.
Lémbrome da ilusión que tiña mentres
abría os regalos.
Lémbrome deses intres de felicidade
total cando xogabamos todos os primos.
Lémbrome daqueles debuxos que vía
polas mañás co meu irmán.
Lémbrome da ilusión coa que día a
día ía ao colexio, porque xogabamos a case todas horas.
Lémbrome da emoción que me estremecía
cando abría os regalos de Reis, a mesma coa que despois ía
presumindo de bonecas ou de xogos novos.
Lémbrome de tantos bos momentos, de
tantos sentimentos coñecidos..., pero isto non remata, só é un
punto e seguido para o que dentro duns anos poderei dicir que lembro.
María Portomeñe (1º BACH A)
LÉMBROME...
Lémbrome daquel lugar tan fermoso no
que nacín.
Lémbrome das feridas que cubrían o
meu corpo ao querer rubir ata o máis alto das árbores da miña
vila.
Lémbrome dos anoiteceres correndo
arredor das casas co fin de que non nos atopasen, para poder chegar á
panda e dicir aquela frase que a todos nos gustaba tanto: “Por min
e por todos os meus compañeiros”.
Lémbrome das noites de verán coas
estrelas de San Lourenzo brillando no firmamento mentres nos
amorriñabamos nas mantas tendidas na herba.
Lémbrome das festas da vila, de cómo
nos gustaba saltar arredor da orquestra.
Lémbrome da morriña que se sentía ao
estar detrás da cociña de leña esas noites xeadas de inverno.
Lémbrome dos escasos raios de sol que
entraban pola miña ventá no amencer daqueles infinitos días de
verán.
Lémbrome dos almorzos que me preparaba
a miña avoa, eses almorzos que semellaban os dun mineiro...
Lémbrome do aloumiño e do agarimo da
miña terra, á que estou fortemente vencellada.
Sheila Rodríguez (1º BACH A)
Lémbrome do meu primeiro ano na
escola, aínda que con tantas gripes como pillei aquel inverno case
non me coñecían os mestres.
Lémbrome de cando xogaba cos meus
amigos de toda a vida no parque e de que poñiamos dos nervios ás
avoas cando nos viñan recoller.
Lémbrome do recendo á empanada da
miña avoa e das mazás asadas que me preparaba o meu avó.
Lémbrome do taller de carpinteiro de
meu bisavó, onde imaxinaba que era toda unha profesional da madeira!
Lémbrome do recendo da herba acabada
de cortar e do sol agachándose nas tardes de verán.
Lémbrome das fermosas viaxes que
realicei cos meus amigos.
Lémbrome dos contos de meus avós nas
tardes de inverno.
Lémbrome de cando conducía o tractor
do meu tío e me sentía a máis maior do lugar.
Lémbrome de cando pelexaba coa miña
irmá pequena.
Lémbrome de cando subiamos á cerdeira
do veciño para roubar cereixas.
Lémbrome do meu can Jorge, co que
compartín moitas horas de xogos.
Lémbrome das tortillas de miña nai
que tanto me gustan.
Lémbrome dos partidos de fútbol con
meu pai, sempre gañaba eu, por suposto!
Lémbrome do rosal de enfronte da ventá
do meu cuarto, dese cheiriño a flor nas mañás.
Jessica Fernández (1º BACH A)
LÉMBROME...
Lémbrome de Begonte, o lugar onde
nacín.
Lémbrome dos meus avós.
Lémbrome de cando apañaban as patacas
na casa do meu avó e de que mentres el as apañaba eu ía detrás
volvéndoas á terra.
Lémbrome co Xabarín Club comendo o
bocadillo de nocilla.
Lémbrome de cando lle collía a
maquillaxe á miña nai e pintaba a roupa con emoción.
Lémbrome de que non me gustaba poñer
o mandil rosa no colexio.
Lémbrome da profesora que tiña e de
que me reñeu cando lle peguei a un neno.
Lémbrome de cando quedaba durmida no
colo da miña avoa diante daquela cociña de leña que quentaba toda
a casa.
Lémbrome de cando me mordeu un cocho
nunha perna, cando ía á casa se Baamonde.
Lémbrome do meu primeiro mozo que me
regalou unha piruleta.
Lémbrome de cando só levaba bronca
polas notas o meu irmán maior.
Lémbrome de cando meu pai me
castigaba, contra a parede, por ser un pouco traste.
Lémbrome de cando miña avoa cocía e
me facía os bolos preñados.
Lémbrome dos meus amigos cando
xogabamos na praza ao escondite.
Lémbrome do primeiro día que saín de
noite, que me daban os pés no cu.
Lémbrome dos días de facer
inocentadas e de saír correndo polo medo.
Lémbrome do día que coñecín as
miñas mellores amigas e amigos.
Lémbrome do peor día da miña vida
hai dous anos.
Lémbrome de cando cortaba eu mesma o
pelo xogando ás perruqueiras; que bronca me botaba miña nai!
Seguiría poñendo lémbromes mais non
collerían nesta folla, pero seguro que estarían relacionados coas
persoas que máis quixen e máis quero.
LUCÍA GOIRIZ (1º BACH A)
LÉMBROME...
Lémbrome de Lugo, a cidade onde nacín
en decembro de 1990 e onde transcorreu toda a miña infancia.
Lémbrome do meu pai, que viña polas
tardes buscarme ao colexio e nunca me deixaba comprar lambetadas.
Lémbrome da miña nai limpando as
paredes logo de que eu fixera as miñas obras de arte nelas, cando
tiña tres anos.
Lémbrome da miña irmá ensinándome
fotografías de extraterrestres para facerme rabiar.
Lémbrome do meu avó, que me levaba a
pasear por Baamonde mentres me contaba historias da súa infancia.
Lémbrome dos meus profesores e de cada
bronca que me botaron dende pequena.
Lémbrome dos meus amigos e das tardes
con eles xogando na praza ao “pino plantado” e coas cordas.
Lémbrome das mañás dos sábados
cando me levantaba ás 7 da mañá para ver os debuxos.
Lémbrome da miña escola e de todos os
xogos e excursións que fixen cos meus profesores.
Lémbrome das miñas bonecas, que
durante tanto tempo foron as miñas mellores amigas.
Lémbrome dos contos inventados polo
meu pai, que daquela me facían soñar tanto, antes de durmir.
Lémbrome dos soños que tiña de
pequena, e de tanto que soñaba por ser maior e triunfar, e agora,
con 18 anos, daría o que fose por volver a ser aquela rapariga á
que só lle preocupaba xogar coas bonecas e cos amigos.
DÉBORA DÍAZ (1º BACH A)
LÉMBROME...
Lémbrome daquelas fins de semana cando
eu aínda era unha nena.
Lémbrome de que moito me gustaba ir á
finca e pasar alí as tardes.
Lémbrome de cando me mercaron os meus
primeiros cadelos, cos que moito xogaba.
Lémbrome do moito que teño xogado
naqueles columpios.
Lémbrome de cando nos xuntabamos todos
os nenos das casas do arredor e de que moi ben o pasabamos.
Lémbrome de cando, deica ao final da
tarde, pedía que me levaran a ver os meus avós.
Lémbrome das historias que nos contaba
meu avó e lémbrome de que sempre nos facían rir moito.
Lémbrome de cando me fixen algo maior
e xa non me gustaba ir á finca.
Lémbrome de cando me cambiaron as
ideas do que me gustaba facer.
PAULA GARCÍA (1º BACH A)
LÉMBROME...
Lémbrome de Lugo, o lugar onde nacín
o 14 de novembro de 1991.
Lémbrome de cando era unha nena que
apenas tiña 4 anos.
Lémbrome de cando me tiña que
levantar cedo para ir ao colexio e collía o autobús coas miñas
amigas.
Lémbrome das travesuras que faciamos o
meu curmán e mais eu na casa da miña avoa.
Lémbrome do colexio no que estudei: “
A Milagrosa”.
Lémbrome dos compañeiros que fun
tendo ao longo da miña vida, aqueles cos que fixen amizade e cos que
nunca cheguei a facela.
Lémbrome de cando ía pola rúa coa
miña nai e lle falaba a todas as persoas que pasaban andando,
correndo...
Lémbrome de cando os venres ao saír
da escola miña nai me deixaba xogar alí fóra, no xardín.
Lémbrome da xente á que quixen e que
xa non está...
SANDRA MÉNDEZ (1º BACH A)
LÉMBROME...
Lémbrome dunha cousiña de cando aínda
era unha nena, lémbrome de cómo as fachendosas e importantes
mulleres da familia levaban os seus altos tacóns mentres eu soñaba
xon poder lucir uns tamén.
Lémbrome dos mellores veráns da miña
vida, eses eran os que pasaba en Alacante xunto cos meus padriños e
primos.
Lémbrome daquela interminable praia á
que sempre ía xogar coa miña amiga.
Lembro como navigabamos nunha
“pedaleta”.
Lémbrome de cómo teño pasado cada
día daqueles veráns.
Lémbrome das fantásticas tardes
xogando coas miñas amigas no parque como se non existise ninguén
máis non mundo.
Lémbrome das pequenas escapadas que
facía á aldea, lonxe do abafante ruído da cidade.
Lembro como o meu bisavó me contaba
pequenas historias e me aloumiñaba coma se fose unha raíña.
Tamén lembro os nostálxicos nadais
que cada ano rondan na miña cabeza, cómo cada 24 de decembro todos
xuntos ceabamos e brincabamos.
Por todas estas cousas que lembro e por
moitas máis, gustaríame voltar a aquela gran época sen
preocupacións nin problemas.
SARA VARELA (1º BACH A)
LÉMBROME…
Lémbrome de cando xogaba con miña
prima na casa da miña avoa…
Lémbrome dos compañeiros do colexio
que hai tanto que non vexo…
Lémbrome das vacacións pasadas en
Benquerencia, pasando o tempo con calquera cousa…
Lémbrome dos, tan singulares, últimos
días de clase de cada curso…
Lémbrome das, tan variadas, trasnadas
e xogos que inventaba coa miña prima…
Lémbrome das longas tardes de verán
pasadas na praia…
Lémbrome…
CARLOS SALVADOR (1º BACH A)
LÉMBROME…
Lémbrome do meu terceiro cumpreanos,
da enorme torta de chocolate con osiños de tripulantes que me
regalaron.
Lémbrome da volta á casa co meu pai
contándolle o día.
Lémbrome de cómo choraba cando tiña
que voltar para Lugo da casa dos meus avós.
Lémbrome dos meus caprichos e
berrinches, de berrar ata conseguir o que quería, sen éxito outras
moitas veces.
Lémbrome de quedar pechada no balcón
pequeno ata que comía o pescado e lémbrome de cando deixou de facer
efecto.
Lémbrome da tenda da miña nai, de
xogar na parte de atrás coa miña veciña de enfronte.
Lémbrome dos recreos nos que todas
xogabamos á corda porque estaban a arranxar o patio e non había
espazo para máis.
Lémbrome dos concursos e de como todos
protestabamos indignados porque criamos que fixeran “tongo”.
Lémbrome dos celos, si, dos celos,
pero non só dos meus, e de como eramos malas por isto.
Lémbrome da época dos patinetes,
todos tiñan un á saída da escola menos eu, e lémbrome de que non
me crían cando lles dicía que a miña tía mo trouxera e fora un
dos primeiros de Lugo, xuto co da irmá de Cris.
Lémbrome dos medos e do moito que
influían en nós.
Lémbrome das idas e voltas a correr ao
conservatorio, dos meus amigos alí, e de como quería ir a pesar de
estar enferma.
Lémbrome dos primeiros “Hallowens”
na miña casa, das películas de medo e de ter que chamar a miña nai
para que acendese a luz porque tiñamos medo.
Lémbrome da novidade do instituto, do
doado que parecía todo.
Lémbrome das malas decisións, das
cousas que se dixeron e se pudieron aforrar.
Lémbrome da inocencia, de como riamos
por todo, do disgusto que levabamos ao suspender ou cando nos rifaba
o profesor.
LAURA MORAL (1º BACH A)