Skip to Content

Excursión da clase de economía de 2º BAC a INDITEX

O mércores 11 de Febreiro os alumnos de economía de 2ºBAC emprendíamos rumbo a Coruña, nun microbús que escoitaríanos cantar, falar e rir a todos xuntos xunto con Bea, a nosa profe, e Santos, profesora de francés.

A primeira parada no camiño sería en Arteixo, a INDITEX de onde sairíamos cos ollos ben abertos da alucinación depois de ver unha empresa tal, un fenómeno que moitos calificaron de “película”. Puidemos facer un percorrido de todo o proceso de producción, dende os country managers ( ou persoas que diariamente intercambian estilos, tendencias, peticións  co extranxeiro ) a zona de deseño, o laboratorio de escaparatismo, tendas piloto .. ata chegar ó proceso de fábrica e acabado onde nos agasallaron cunha camiseta, despois dun tempo de preguntas e inquedanzas. Dende logo unha visita que non deixou a ninguén indiferente.menu

E a continución a coller de novo o bus para ir comer entre “peixes” no acuario Finisterra de A Coruña, lasaña e polo con patacas fritidas , menú que previamente elixiríamos entre todos de forma democrática como se pode apreciar na imaxe. 

Despois dunha entretida comida, dun merecido descanso visitando as diferentes salas do acuario, facendo fotos cos peixes, tiburóns, co mar .. unha visita moi didáctica ó DOMUS onde houbo interesantes partidas cun xogo electrónico que procesaba a concentración mental de cada un, ou oportunidades de medirnos a forza, vernos en espellos deformados .. en definitiva unha visita entretida e divertida onde cada un aprendeu algo novo!

E por último, e non por isto menos importante, na miña opinión e na de moitos a visita que máis nos enriqueceu e axudou foi a visita do Forum Orienta, un recinto onde cada universidade colocou uns estands para informar ás persoas que precisasen información, dando charlas, documentación, amosando probas .. e tamén as distintas escolas de FP … asi moitos tivemos oportunidade de traballar nun torno de barro, ir á sección de perruqueria, facer ensaios de laboratorio, ver espactáculos de baile .. neste lugar moitos de nos puidemos resolver inquedanzas, preguntas, dúbidas sobre os nosos futuros estudos e polo tanto do noso futuro profesional.grupo

En definitiva unha excursión divertida, interesante e proveitosa para todos, onde observamos moitísimas cousas do estudado nas clases de economía, onde nolo pasamos ben compartindo o tempo cos compañeiros e onde sacamos ideas para o noso futuro máis próximo.



story | by Dr. Radut