A ANPA do IES Xoán Montes orgainzou este martes 13 de decembro un taller de Reanimación CardioPulmonar (RCP) para familias e profesorado.
O Dr. Juan José López Díaz do Servizo de Urxencias do HULA explicou de forma moi clara e a mena os protocolos da RCP e guiou aos asistentes na parte práctica das 100-120 compresións por minuto.
Ademais de ver como funciona un desfibrilador automático, lembramos a importancia conducta PAS: Protexer, Avisar e Socorrer.
A RCP trátase dunha técnica sinxela que pode salvar vidas e que todas as persoas debemos coñecer.
A comunidade educativa agradece á ANPA a organización de formacións tan valiosas como esta.
Práctica de RCP. Marta Coria. CC BY-SA |