O día 27 de febreiro o alumnado de 1º e 2º BAC tivo a oportunidade de coñecer de primeira man os traballos de rehabilitación e restauración levados a cabo no cubo VII da muralla, sito no patio do noso instituto.
En primeiro lugar o arquitecto director do proxecto, Ignacio López de Rego, impartiu a charla informativa "Un relato de historia e natureza a través das últimas actuacións de investigación e conservación". A primeira parte da charla consistiu nun interesante percorrido polo urbanismo romano e as orixes do recinto amurallado. Posteriormente, deron a coñecer distintas intervencións realizadas en diferentes cubos da muralla, en especial no cubo VII.
O alumnado tivo a oportunidade única de coñecer in situ as obras de rehabilitación do cubo que explicaron con todo detalle os arquitectos da obra.