Skip to Content

Noraboa ao noso olímpico!

O equipo formado por David Fernández Rodríguez (IES Xoán Montes de Lugo), David Sande Rúa (IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela e. Mateo Toro Diz (Colexio Peleteiro de Santiago de Compostela, acompañados por Dña. Dolores Docampo Brea (Profesora de Economía do IES Rosalía de Castro) e Dña. Mª Beatriz López Soto (Profesora de Economía do IES Xoán Montes) finalizaron en terceira posición na clasificación por equipos da XI Olimpíada Española de Economía. Ademáis do logro que supón quedar entre os 3 primeiros na clasificación por equipos, tamén obtiveron un premio por resultar entre os 10 mellores clasificados individualmente. David Fernández Rodríguez é o primeiro alumno dun instituto lucense que consigue quedar entre os mellores clasificados, obtendo un meritorio octavo premio, consistente en diploma e dotación económica.

Na XI Olimpíada Española de Economía, celebrada os días 25, 26 e 27 xuño na Universidade Complutense de Madrid, participaron 135 estudantes de bacharelato, 64 profesores de Economía de 123 institutos de Enseñanza Secundaria e 61 profesores de 45 universidades públicas.

Parabéns, David! que teñas sorte na túa nova andaina.

Algunhas  das fotos do evento:

 

 

Licenza Creative Commons

Esta obra de Mª Beatriz López Soto ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional.

 

Licenza Creative Commons

Esta obra de Mª Beatriz López Soto ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional.

 

 

 



story | by Dr. Radut