Resultados da busca de imaxes - "placas"
|
Continentes unidos 6 vistasFigura 1. Esquema de dous continentes unidos que se irán separando pola apertura dunha Dorsal oceánica, no medio, que forma nova Litosfera. C.Tizón
|
|
Continentes separándose pola Expansión dos Fondos Oceánicos 6 vistasFigura 2. Fórmase unha Dorsal oceánica que emite rochas magmáticas e que separa os continentes que antes estaban unidos. C.Tizón
|
|
Formación de Litosfera oceánica e separación das Placas Tectónicas 7 vistasFigura 3. A Expansión dos Fondos oceánicos pola actividade da Dorsal crea bandas de Rochas volcánicas (basaltos) con polaridade Norte e Sur e simétricas entre elas. As rochas máis antigas son as máis cercanas aos bordes dos continentes, as máis modernas, as do medio do océano formado. C.Tizón
|
|
Traballando a Tectónica de Placas 5: África e América sepáranse2 vistasSe movemos as transparencias de acetato simulamos a apertura do Océano Atlántico e a Expansión do fondo oceánico pola emisión de magma da Dorsal Atlántica. A actividade volcánica deste Borde Constructivo de placa (Borde Diverxente) creado hai uns 180 millóns de anos, fai que África e Sudamérica, na actualidade, estean, aproximadamente, a 9.000 Km de distancia. C. Tizón
|
|
Traballando a Tectónica de Placas 4: Coincidencia dos bordes de África e América3 vistasDous transparencias de acetato, unha encima da outra e desprazadas, permiten ver que o contorno de África e Sudamérica coinciden. Esta é unha das probas do científico alemán Alfred Wegener da súa Teoría da Deriva dos continentes, ano 1912. C. Tizón
|
|
Traballando a Tectónica de Placas 3: Líñas de coincidencia na distribución de terremotos, volcáns, oróxenos e ás veces, tamén de fosas oceánicas2 vistasDebuxando unha liña marela por todo o mapa onde coinciden os tres ou os catro fenómenos xeolóxicos podemos visualizar os bordes das Placas Tectónicas. Con este procedemento somos quen de dividir o Planeta nas placas litosféricas que se moven e xeran terremotos, volcáns, montañas e fosas oceánicas. C.Tizón
|
|
Traballando a Tectónica de Placas 1: Distribución de oróxenos e terremotos4 vistasUtilízase un mapa mudo. Nel o alumnado localiza os lugares dos terremotos máis fortes do Planeta con cruces azuis e das montañas ou oróxenos más altos con liñas verdes. C. Tizón
|
|
Traballando a Tectónica de Placas 6: As principais Placas Tectónicas 3 vistasEste mapa no que aparecen os límites das Placas Tectónicas é un magnífico recurso para que o alumnado recorte as liñas e logo intente encaixar as pezas soltas do puzzle do Planeta Terra. Desta forma aprenden os nomes, a situación e os mevementos das diferentes placas. C.Tizón. Mapa recuperado de https://s1.significados.com/foto/placas-tectonicas-mapa_bg.png
|
|
Traballando a Tectónica de Placas 2: Disribución de volcáns e fosas oceánicas 4 vistasO alumnado sinala a situación dos volcáns activos do Planeta no mapa mudo con puntos vermellos e das fosas oceánicas con liñas azuis. Así verá que coinciden as zonas xeográficas de terremotos, volcáns, montañas elevadas e, na costa, tamén as fosas oceánicas. C. Tizón
|
|
|
|
|
9 ficheiros en 1 páxina(s) |
|