Resultados da busca de imaxes - "de"
|
Alumnos utilizando o mecheiro de alcohol121 vistasQuéntase coa chama dun mecheiro de alcohol ata a desecación para fixar as células.
|
|
O azul de metileno tingue as células da mucosa bucal139 vistasColócase o porta enriba do soporte de tincións ou dunha placa Petri; agrégase unhas gotas do colorante azul de metileno sobre a extensión ou frotis realizada.
|
|
Continentes unidos 6 vistasFigura 1. Esquema de dous continentes unidos que se irán separando pola apertura dunha Dorsal oceánica, no medio, que forma nova Litosfera. C.Tizón
|
|
Continentes separándose pola Expansión dos Fondos Oceánicos 6 vistasFigura 2. Fórmase unha Dorsal oceánica que emite rochas magmáticas e que separa os continentes que antes estaban unidos. C.Tizón
|
|
Formación de Litosfera oceánica e separación das Placas Tectónicas 7 vistasFigura 3. A Expansión dos Fondos oceánicos pola actividade da Dorsal crea bandas de Rochas volcánicas (basaltos) con polaridade Norte e Sur e simétricas entre elas. As rochas máis antigas son as máis cercanas aos bordes dos continentes, as máis modernas, as do medio do océano formado. C.Tizón
|
|
Algúns minerais ordeados segundo a súa dureza206 vistasO alumnado de Xeoloxía de 2º de Bac. ordea, no Laboratorio, algúns minerais obxecto de estudo, segundo a súa dureza, aplicando a escala de Mohs antes aprendida de maneira práctica. Na foto, os minerias máis brandos (dureza 1) están situados á dereita e os máis duros á esquerda (mostras de dureza 7 na escala). C.Tizón
|
|
Propiedades dos minerais192 vistasO alumnado da ESO e do Bacharelato estuda e recoñece os minerais a través da súa manipulación. C.Tizón
|
|
Traballando a Tectónica de Placas 5: África e América sepáranse2 vistasSe movemos as transparencias de acetato simulamos a apertura do Océano Atlántico e a Expansión do fondo oceánico pola emisión de magma da Dorsal Atlántica. A actividade volcánica deste Borde Constructivo de placa (Borde Diverxente) creado hai uns 180 millóns de anos, fai que África e Sudamérica, na actualidade, estean, aproximadamente, a 9.000 Km de distancia. C. Tizón
|
|
Traballando a Tectónica de Placas 4: Coincidencia dos bordes de África e América3 vistasDous transparencias de acetato, unha encima da outra e desprazadas, permiten ver que o contorno de África e Sudamérica coinciden. Esta é unha das probas do científico alemán Alfred Wegener da súa Teoría da Deriva dos continentes, ano 1912. C. Tizón
|
|
Daphnia pulex. Crustáceo2 vistasDaphnia pulex. Crustáceo nunha mostra de auga de charca. C.Tizón
|
|
Escala de Mohs de dureza dos minerais178 vistasO alumnado ordea varios minerais da escala de Mohs raiando os minerais entre si, coa uña, cunha tesoira e averiguando se raian ao vidro. Desta maneira son capaces de saber esta escala máis facilmente e de diferenciar as mostras de minerais. C.Tizón
|
|
Fósil de Paradoxides. Trilobites. León5 vistasFósil do Trilobites Paradoxides do Cámbrico (Paleozoico) na Provincia de León. C.Tizón
|
|
18 ficheiros en 2 páxina(s) |
1 |
|