Resultados da busca de imaxes - "Montes"
|
Biodiversidade nas rochas 3 vistasMoitas especies vexetais e animais viven no ecosistema da Muralla romana. Briofitas, Fentos, plantas herbáceas, insectos, moluscos gasterópodos, arácnidos poden ser estudados polo alumnado sen necesidade de saír do recinto escolar. Aves e reptís no son doados de ver con tranquilidade por razóns evidentes. C.Tizón
|
|
Filón de seixo nunha rocha granítica4 vistasA esquerda da foto vese unha rocha granítica cun filón pegmatítico de feldespato ortosa rosa. No medio da foto apréciase un filón de seixo que intruíu unha rocha granítica. Estando todo moi desgastado polo tempo e os axentes atmosféricos. C.Tizón
|
|
Muralla romana de Lugo. Patio do Instituto Xoán Montes94 vistasA Muralla romana de Lugo está construída coas rochas que hai no sustrato da cidade, xistos e rochas graníticas. Medran nelas abundante vexetación que coloniza o medio. C.Tizón
|
|
Rochas graníticas e Xistos1 vistasDistínguense moi ben as rochas graníticas ( magmáticas) moi tridimensionais dos xistos alongados (metamórficas). C.Tizón
|
|
Rochas moi meteorizadas7 vistasAs rochas atópanse moi meteorizadas e erosionadas polo elevado tempo que levan á intemperie. A auga, o osíxeno o vento, os seres vivos desgastan os minerais e transfórmaos noutros máis brandos como fai cos feldespatos. C.Tizón
|
|
Vida onde hai auga dos vertedoiros do adarve 3 vistasOnde hai auga hai vida. Distínguese moi ben onde baixa a auga dos vertedoiros do adarve da Muralla. Hai anos para erradicar a vexetación deste monumento utilizáronse produtos moi agresivos como os herbicidas. A consecuencia foi a desaparición de varias especies vexetais e problemas de anidamento de aves. Na actualidade a vexetación arrícase a man, procedemento máis ecolóxico e menos agresivo. C.Tizón
|
|
Xistos e Rochas Graníticas 2 vistasRochas graníticas presentan formas prismáticas e redondeadas propias da súa textura e mineraloxía: seixo, feldespatos e micas. Os xistos son alargados e presentan exfoliación típica do metamorfismo sufrido a partir de arxilas e limos. A vexetación ábrese paso entre elas. C.Tizón
|
|
|
7 ficheiros en 1 páxina(s) |
|