|
Alumnado de 1º da ESO estudan Botánica no Laboratorio. C.Tizón47 vistasBriofitos, fentos, Ximnospermas e Anxiospermas estúdanse coas Lupas binoculares e de man. Tamén se usan os Microscopios para ver as esporas, esporanxios, as células vexetais e grans de polen. C. Tizón
|
|
Propiedades dos minerais159 vistasO recoñecemento "de visu" dos minerais é máis fácil se previamente se estudan agrupados en caixas segundo as súas propiedades físicas e químicas como a cor, o brillo, a exfoliación, a dureza, etc. C.Tizón
|
|
Rochas Magmáticas216 vistasAlgunhas rochas magmáticas clasificadas polo alumnado (Xeoloxía de 2º curso de Bac. e só alguhas delas en 1º ESO). C.Tizón
|
|
Rochas Metamórficas 252 vistasEsta selección de rochas metamórficas é estudada polo alumnado de Xeoloxía de 2º de Bac. Os estudantes de 1º ESO só identifican as máis importantes. C.Tizón
|
|
Rochas Sedimentarias cos seus nomes211 vistasNesta foto hai unha selección de rochas sedimentarias que clasifica e estuda o alumnado de Xeoloxía de 2º de Bacharelato. Os estudantes de 1º da ESO recoñecen e identifican só as mostras máis importantes. C.Tizón
|
|
Selección de Rochas para identificar e clasificar173 vistasNo Laboratorio hai unha gran cantidade de rochas de todos os tipos e de lugares moi diversos que o alumnado adoita identificar e clasificar na clase logo das explicacións teórico -prácticas axeitadas ao seu nivel de coñecementos. C.Tizón
|
|
Serpentinita5 vistasSerpentinita, rocha metamórfica formada a partir dunha rocha magmática ultramáfica como a Peridotita, rocha plutónica composta por Olivino. A circulación da auga hidrotermal altera os Olivinos (Nesosilicato de Fe e Mg) e transfórmaos en Serpentina (Filosilicato de Fe e Mg hidratado). Fachada dun edificio preto do Instituto. C.Tizón
|
|
Traballando a Tectónica de Placas 2: Disribución de volcáns e fosas oceánicas 4 vistasO alumnado sinala a situación dos volcáns activos do Planeta no mapa mudo con puntos vermellos e das fosas oceánicas con liñas azuis. Así verá que coinciden as zonas xeográficas de terremotos, volcáns, montañas elevadas e, na costa, tamén as fosas oceánicas. C. Tizón
|
|
68 ficheiros en 6 páxina(s) |
|
|
|
6 |
|