Skip to Content

Xornada de multideporte

 

Para rematar o curso o alumnado do centro tivo a súa disposición, durante a mañá do venres 21, unha chea de xogos achegados ao noso centro pola empresa noiesa "Rubén Seijo".
O alumnado practicou, entre outros deportes, tenis, minigolf, tenis de mesa, bádminton e tiro con arco.
Agradecemos a colaboración do Concello de Noia e a Rubén e ao seu equipo o traballo feito nesta xornada lúdica que foi todo un éxito. Parabéns.



book | by Dr. Radut