Skip to Content

Competencia Dixital Docente do profesorado

Información sobre a Competencia Dixital Docente e o proceso de acreditación.

O Marco galego de competencias dixitais nace co obxectivo de atender á necesidade de acadar unha cidadanía dixitalmente responsable nun contexto no que a vida cotiá, o emprego e a relación coa administración promoven o uso continuado das tecnoloxías. O Decreto 123/2021 regula este Marco.

Nel propóñense os coñecementos e aptitudes que se consideran idóneos para acadar a competencia dixital. E crea a “certificación galega en competencias dixitais”, así como establece os requisitos e procedementos para a súa obtención.

O Ministerio de Educación e as Comunidades Autónomas chegaron a un acordo para establecer un procedemento común de acreditación e recoñecemento da Competencia Dixital Docente. Podedes atopar información sobre o proceso de acreditación neste enlace.

Como se indica nese documento, en FPROFE podemos consultar o noso perfil en Competencia DIxital Docente (CDD) dacordo coa formación realizada nos últimos 5 anos. Ademais, elaborouse un itinerario de formación modular composto de cursos para acreditar os catro primeiros niveis (A1, A2, B1 e B2).

Comunícannos desde o equipo ADIX que están dispoñibles en FPROFE os cursos para poder lograr a acreditación da Competencia Dixital nos niveis A2 e B1.

Para todas as dúbidas relacionadas coa CDD podedes poñervos en contacto co CAFI, ou ben empregar o correo acreditacioncdd@edu.xunta.gal.



blog | by Dr. Radut