CICLO MEDIO DE VÍDEO DISC-JOCKEY E SON
https://www.edu.xunta.es/fp/ciclo/MIMS01
Familia Profesional:
IMAXE E SON
Duración: 2.000 HORAS
TITULACIÓN: TÉCNICO
CONDICIÓNS DE ACCESO:
Con carácter xeral, a totalidade das prazas ofrecidas nun centro e ciclo distribúense por cupos de acceso cunha reserva específica de prazas. Hai tres cupos diferentes de acceso:
Cupo de acceso directo, para persoas que posúen o título da ESO, título de técnico ou titulacións equivalentes.
Cupo de acceso por PCPI, para as persoas que teñen os módulos obrigatorios dos PCPI do curso 2011-2012 ou seguintes.
Cupo acceso por proba, para as persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos e non cumpran os requisitos anteriores.
A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo e para cada centro é:
Acceso directo Acceso por PCPI Acceso mediante proba
até o 70% 2/3 do 30% restante 1/3 do 30% restante
10% para persoas discapacitadas
5% a maiores para deportistas de alto rendemen
Cando a demanda de prazas supere a oferta, hai establecidos uns criterios de selección. Estes criterios ordenan os candidatos/as por maior nota de acceso:
Cupo de acceso directo: notas de 4º ESO, nota media de ciclo medio.
Cupo de acceso por PCPI: nota dos módulos obrigatorios do 1º cuadrimestre de 2º de PCPI.
Cupo de acceso por probas: nota da proba de acceso a grao medio.
Máis información no Instituto