Skip to Content

Benvida

IES de Vilalonga  
A Salgueira nº 40
Vilalonga - Sanxenxo

Tlf 886159137
Fax 886159146

email  ies.vilalonga@edu.xunta.gal

PRAZO MATRÍCULA

 

Informamos de que, ao rematar o prazo de presentación de matrículas de ESO e BAC o día 7 de xullo, domingo, este verase ampliado ata o luns 8 de xullo, tal e como establece a normativa, é dicir, aínda se poderán presentar matrículas de ESO e BAC o luns, 8 de xullo.

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2024/25

Libros de texto para o curso 2024/25.

PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓN DE CUALIFICACIÓNS EN ESO E BACHARELATO

En cumprimento da ORDE do 2 de marzo de 2021 , que establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións nos cursos de ESO e Bacharelato, publícase o seguinte calendario relativo á reclamación sobre as cualificacións obtidas na avaliación final en ESO e ordinaria de 1º de Bacharelato.

 

 

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS DO RENDEMENTO ACADÉMICO NA ESO

O día 7 de xuño iniciouse o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2023-2024 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria foi publicada no DOG o pasado 6 de xuño.

 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e rematará o 8 de xullo.

 A forma máis aconsellable de cubrir as solicitudes é mediante o emprego da aplicación PremiosEdu, deseñada para facilitar este procedemento. Unha vez cuberta, a aplicación permite tanto a presentación da solicitude na sede electrónica a través dun enlace directo, como a presentación presencial (por exemplo, nun rexistro) imprimindo o Anexo I cos datos introducidos. 

  Posto que na meirande parte dos casos o alumnado é menor de idade non emancipado, nas solicitudes debe constar como representante un dos seus pais, nais ou titores/as legais, que ademais asinará as solicitudes.

Para máis información, preme aquí.

 

 

MATERIAS DE CONTINUIDADE EN 2º DE BACHARELATO

(NOTA IMPORTANTE: O QUE SE REFIRE A CONTINUACIÓN NON TEN VALIDEZ PARA O CAMBIO DE MODALIDADE, ANTE CALQUERA DÚBIDA PÓÑANSE EN COMUNICACIÓN COA DIRECCIÓN DO CENTRO)

Informamos ao alumnado que vaia cursar 2º de Bacharelato no noso centro o vindeiro curso 2024-25 e desexe cursar materias de continuidade sen ter cursado a correspondente de 1º de Bacharelato,  que debe presentar solicitude na secretaría do centro entre o 29 de maio e o 13 de xuño ambos os dous días incluídos. Ante calquera dúbida poden consultar na dirección do centro.

 

ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

Artigo 8. Continuidade entre materias

 

1. O alumnado poderá matricularse en segundo curso das materias con relación de continuidade que figuran no anexo III do Decreto 157/2022, do 15 de setembro, sen ter cursado con anterioridade a materia de primeiro.

 

Neste caso, o alumnado deberá matricularse da correspondente materia de primeiro e cursala como pendente nas condicións establecidas no artigo 11. Esta materia de primeiro non será computable para os efectos de modificar as condicións en que a alumna ou o alumno promocionou ao segundo curso.

 

2. Non obstante, no caso das materias específicas de modalidade de opción e no caso das materias optativas, o alumnado poderá acreditar os coñecementos da correspondente materia de primeiro antes do inicio das actividades lectivas do curso académico. Esta acreditación realizarase a través das probas que decida o departamento didáctico, baseadas en criterios obxectivos e avaliables, que permitan verificar que a alumna ou o alumno reúne as condicións necesarias para poder seguir con aproveitamento a materia de segundo. En ningún caso se poderá considerar cursada ou superada a materia de primeiro curso.

 

No caso de non superar as probas de acreditación dos coñecementos da correspondente materia de primeiro curso, o alumnado deberá matricularse da dita materia e cursala como pendente nas condicións establecidas no artigo 11. A materia de primeiro non será computable para os efectos de modificar as condicións en que o alumnado promocionou ao segundo curso.

 

Deixarase constancia desta acreditación no expediente académico mediante unha dilixencia, que se axustará no seu contido ao modelo que se establece no anexo II.

 

ANEXO III Decreto 157/2022

 


Continuidade entre materias de bacharelato

 

 

 

1º CURSO DE BACHARELATO

2º CURSO DE BACHARELATO

• Análise Musical I

• Análise Musical II

• Artes Escénicas I

• Artes Escénicas II

• Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais

• Bioloxía

• Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais

• Xeoloxía e Ciencias Ambientais

• Coro e Técnica Vocal I

• Coro e Técnica Vocal II

Debuxo Artístico I

• Debuxo Artístico II

• Debuxo Técnico I

• Debuxo Técnico II

• Debuxo Técnico I ou Debuxo Técnico Aplicado ás
Artes Plásticas e ao Deseño I

• Debuxo Técnico Aplicado ás Artes Plásticas e ao
Deseño II

• Física e Química

• Física

• Física e Química

• Química

• Grego I

• Grego II

• Latín I

• Latín II

• Lingua Castelá e Literatura I

• Lingua Castelá e Literatura II

• Lingua Estranxeira I

• Lingua Estranxeira II

• Lingua Galega e Literatura I

• Lingua Galega e Literatura II

• Matemáticas I

• Matemáticas II

• Matemáticas I ou Matemáticas Aplicadas ás Ciencias
Sociais I

• Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II

• Segunda Lingua Estranxeira I

• Segunda Lingua Estranxeira II

• Tecnoloxía e Enxeñaría I

• Tecnoloxía e Enxeñaría II

• Tecnoloxías da Información e da Comunicación I

• Tecnoloxías da Información e da Comunicación II

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut