TRAMITACIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO E DA SOLICITUDE PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS ABAU (SELECTIVIDADE)
PARA A SOLICITUDE DO TÍTULO DE BACHARELATO:
O alumnado que estea proposto para o título de Bacharelato ten que cubrir o Modelo A para facer o depósito do Título. Unha vez realizado o pagamento , achegarase xustificante á secretaría do centro. As taxas son 54 euros tarifa normal, familia numerosa categoría xeral 27,03, familia numerosa categoría especial 0.
O desconto por familia numerosa ten que acreditarse mediante unha copia do carnet de familia numerosa (non caducado) no momento de presentar o xustificante de pagamento, Modelo A1. Para descargar o modelo A1, co código clica AQUÍ.E sigue as indicacións que aparecen no seguinte video titorial.
SOAMENTE PARA OS QUE SE PRESENTAN Á CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DAS ABAU QUE TERÁ LUGAR O 2, 3 e 4 de XULLO:
O 14 e 17 de xuño farase a matrícula da proba ABAU no instituto . Recomendamos facelo canto antes. Necesítase entregar a folla de inscrición e a folla de pago de taxas do exame 63,67 euros (reduccións na taxa clica aquí) así coma do pago da solicitude do título de Bacharelato 54 euros (27,03 familia numerosa categoría xeral e 0 familia numerosa categoría especial).
Se imprimides desde aquí os documentos lembrade que tedes que imprimir 3 copias do impreso de pago. Unha para a entidade bancaria, outra para a CIUG (que deberedes presentar na secretaría do centro cando fagades a inscripción da ABAU), e outra para vós a modo de resgardo. ENLACE para descargar o "xustificante de pago" e AQUÍ o documento de prematricula (elección das asignaturas das que te examinas).
CLICA para coñecer o HORARIO das probas. LUGAR No CUVI na Facultade de Filoloxía e Tradución. A profesora que vos acompañará será Teresa.
CLICA para coñecer o PROTOCOLO .
Recomendámoste que vexas o seguinte vídeo
Por se é do voso interés aquí tedes modelos de exames doutras convocatorias
Neste enlace https://ciug.gal/gal a CIUG (o organismo interuniversitario galego) irá enviando información de todo o proceso de selectividade e posterior matrícula na universidade.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
impreso_taxas_exame.pdf | 186.32 KB |
Ponderacións ABAU 24.pdf | 1.02 MB |
instruccions_nerta_alumnado_abau_2024.pdf | 112.91 KB |
protocolo_2024.pdf | 244.9 KB |
impreso_prematricula_bach.pdf | 279.3 KB |
horario_2024_extraordinaria.pdf | 133.06 KB |