Saltar navegación.
Inicio

MAGOSTO 2017

Esta semana foi unha semana intensa. O venres 10 de novembro celebrouse o magosto no centro, coma en anos anteriores, impulsado e organizado polo departamento de dinamización lingüística.

O alumnado de 4º da ESO e de 1º Bacharelato, axudou no desenvolvemento dos distintos xogos populares que voltaron a encher o patio de tradición e disfrute. Asemade o alumnado de 4º tamén asou as castañas e ofrecía a papatoria da xornada, buscando empezar a financiar a súa viaxe de fin de etapa.

O profesorado implicouse como en outras ocasións,para levar a cabo esta actividade de centro. Actividades que son fundamentais na vida diaria, pois son as que encolan e das que se aprende moito, desde outro prisma, do instituto.

Gustaríanos adicar unha mención especial, ao alumnado encargado da organización deste ano, pois o fixo especialmente ben. Foi unha xornada moi participativa, lúdica e didáctica.

Amosamos a continuación algunhas fotos da xornada. Se clicas na imaxe, poderás velas.