Saltar navegación.
Inicio

SEMANA DA CIENCIA: EXPOSICIÓN DE MAQUETAS DO SISTEMA SOLAR

Con motivo da Semana da Ciencia, o departamento de Ciencias Naturais organizou unha exposición no patio cuberto,con maquetas feitas polos alumnos de 1º ESO. Os modelos representan o Sistema solar cos astros a escala ou ben as posicións da Terra con respecto ao Sol ao longo do ano. Todos os alumnos e alumnas amosaron o seu interese e demostraron a súa creatividade nunhas maquetas moi ben feitas, aplicando os coñecementos adquiridos nas actividades de aula. Bó traballo!!