Saltar navegación.
Inicio

ÚLTIMAS INTERVENCIÓNS NO PATIO, DENTRO DO PROGRAMA RE-CREO O RECREO.

O profesorado do departamento de Educación Física, púxose mans a obra e pintou as liñas deportivas das canchas exteriores de deportes, para mellorar ese espazo, e que a súa utilidade sexa maior. Polo menos agora xa saben desde onde tirar un tiro libre, ou cal é a área de balonmán, entre outras vantaxes, deste pintado.

Os máis cativos fixeron a transmisión interxeracional do patrimonio lúdico, que antes se xeraba de forma espontánea nos patios, pero que agora precisa dun pequeno pulo. Pero detrás dese pulo, volve a aparecer a fruición, cos xogos de sempre.

É importante que ao longo do curso exista diversidade, e variedade na oferta de actividades, para que exista a inclusión e se poidan cubrir as distintas motivacións e intereses. Neste trimestre, xogouse ao béisbol e realizáronse sesións de baile entre outras posibilidades.