LETRAS GALEGAS 2016
Este ano, adicado á figura de Manuel María, no IES Val Miñor, leváronse a cabo diversas actividades.
En primeiro lugar Serafín Marcos, actor do Barbanza, trouxo o seu espectáculo didáctico titulado: "Que Manuel María"? que representou para os alumnos da ESO.
Os rapaces, a continuación, leron algúns poemas acompañados pola música da guitarra de Serafín Marcos e da alumna Irene Táboas.
Despois do recreo a profesora de Educación Física Adela, deu unha explicación teórica sobre o xogo dos "Bolos Celtas" e a súa historia. O alcalde de Nigrán e algúns especialistas neste deporte, acompañáronnos na inauguración do noso novo campo de Bolos Celtas.
Ao día seguinte o escritor Pedro Feijoo falou para os alumnos de bacharelato sobre a súa obra e o seu proceso creativo. Tamén os rapaces deste nivel leron poemas acompañados co son da guitarra de Irene Táboas e o profesor Damián.
BO ANO DE MANUEL MARÍA!