Saltar navegación.
Inicio

Escola de Pais e Nais

O mércores 17 de Febreiro da comezo a Escola de Nais e Pais do Val Miñor

Unha escola de nais e pais é un tempo e un lugar de reflexión sobre como educamos aos nosos fillos e fillas e como nos relacionamos coas persoas que os educan. Falamos, sobre todo, dos nosos éxitos educando e tamén de aquilo que se necesita mellorar.

Chamámoslle “escola” por que esta actividade transcorre durante varios meses a razón dunha reunión por semana e o sitio escollido é un centro escolar.

Esta actividade quere xuntar grupos de nais e pais para falar de cuestións relacionadas cos fillos: como por exemplo, a comunicación familiar.

As reunións serán semanais no IES Val Miñor de Nigrán.Daráse máis información sobre os contidos e horarios na primeira reunión para organizar a escola de nais e pais o mércores 17 de febreiro as 17:00 horas no Val Miñor de Nigrán.

Responsable do Programa: Oscar Carreño Miniño