Saltar navegación.
Inicio

Un verso e unha flor. As Letras Galegas no IES

Villalta 

Para conmemorarmos as Letras Galegas este curso o alumnado de 4º ESO traballou nunha iniciativa ben xeitosa. Se Luisa Villalta, a autora homenaxeada, transitou pola beleza nas súas distintas formas (a palabra, a música, o teatro), non hai mellor xeito de lembrala que agasallando unha flor canda un verso de seu.

Con esa angueira Nayara, Hugo, Carlos, Abel, Aldana, Patricia, Nahir, Cristian, Shaila, Estela e David plantaron, coidaron e transplantaron centos de taxetes, flores que locen xa ben fermosas, que entregaremos acompañadas dunha tarxeta deseñada por Manuel e Diana cun retrato e verso de Luísa Villalta.

Durante a mañá do 16 de maio, véspera das Letra e día de Celebración no IES, o alumnado de 4ºESO repartirá versos e flores, e aceptará con gratitude as doazóns que a comunidade educativa proporcione para a viaxe de fin de curso.