Asalto Poétiko
Co gallo do día da poesía e a chegada da primavera, un grupo de alumnado de 3ºESO constituíuse en Komando Poétiko Itinerante, asaltando as aulas a golpe de versos que foron repartindo e declamando. Velaquí as imaxes do asalto dun Komando que promete reaparecer e seguir sorprendéndonos coa súa enxurrada de palabras.