Saltar navegación.
Inicio

DESEXÁMOSVOS UN BO NADAL E PRÓSPERO 2023

CLICA

Broche final ao ano con gran ambiente navideño. As decoracións fixeron do centro un lugar especial e a creatividade apareceu polos corredores. O alumnado de plástica elaborou unha maxestuosa árbore frondosa en follas de libros.  Fixo aparición Papa Noel sobre unha silla espectacularmente engalanada para a ocasión e empurrado polo seu reno Rudolf e un gran corro de elfos, repartindo caramelos ao chou. O concurso de vídeos de felicitacións navideñas tivo lugar para continuar a tradición de desexarnos palabras máxicas e boas arelas. E como punto final a canción de John Lennon "War is over" coreouse por todo o instituto para dar inicio ás ansiadas vacacións de Nadal.