BECAS MEC PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS.
O BOE indica cales son os beneficiarios, para ler o BOE CLICA AQUÍ. Para saber como facer a solicitude atoparás máis información AQUÍ
PRAZO DE SOLICITUDE: 19 de marzo de 2024, ás 09:00, hora peninsular; ata o 10 de maio de 2024, ás 15:00, hora peninsular,ambos inclusive.
"BENEFICIARIOS:
DÍA DE PI // SEMANA DAS MATEMÁTICAS
Hoxe celebramos o Día de Pi (3/14), Día Internacional das Matemáticas, inaugurando A SEMANA das MATEMÁTICAS do IES VAL MIÑOR, que durará ata o vindeiro xoves 21 de marzo.
Cada ano, a Unión Matemática Internacional, quen lidera o proxecto do “Día Internacional das Matemáticas” (idm314.org), propón un tema para fomentar a creatividade ao redor das matemáticas e estimular a participación. O tema para 2024 é: "Xogando coas matemáticas". De acordo co tema seleccionado este ano, durante os dous recreos de cada día e ata o vindeiro xoves, organizaranse na Biblioteca do centro obradoiros e xogos dirixidos polos nosos monitores: estudantes de 1º e 2º de ESO.
CÉSAR BONA.
Fotos e vídeo CLICA
O concello e a ANPA do IES Val Miñor fixeron posible que o alumnado de 1º e 2º ESO puidese escoitar a César Bona, ponente de gran prestixio internacional, co que compartimos unha experiencia educativa que non nos deixou indiferentes. Para que? Para aguilloar as mentes en busca de pensamento crítico, curiosidade, motivación, entre outros moitos obxectivos. O seu paso polo centro deixou pegada no alumnado, que esperamos removese software do seu cerebro, para avanzar e saír da zona de confort.
INTERCAMBIO CON SANT-BRIEUC.
Neste enlace CLICA , poderás ver fotos deste intercambio entre os centros IES Val Miñor e Sant Brieuc, ubicado na Bretaña francesa.O xoves 14 de marzo, despediuse coas súas caras iluminadas con sorrisos, pensando seguramente na aventura que supón a súa viaxe de estudos á Bretaña francesa, o alumnado de 4ºESO e 1ºBach. Compartirán experiencias que de seguro farán que volvan cunha nova mochila de crecemento persoal e un mellor nivel de francés.
Día de Rosalía 2024 no centro
O día 23 de febreiro, Rosalía de Castro en persoa visitounos no centro reencarnada na profesora Nerea Martínez, e estivo charlando coa rapazada de 1º e 2º de ESO sobre a súa vida e obra. Ademais, decoramos o instituto con poemas e fragmentos da autora decorados polo alumnado de todos os cursos da ESO. Podedes ver as fotos aquí:
Día de Rosalía no Concello
Día de Rosalía
O día de Rosalía compartimos festa no auditorio do Concello o alumnado do Escolas Proval xunto coa nosa rapazada de 3ºESO.
FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO. O NOVO RETO É A RV.
O profesorado en continua formación permanente. Un grupo de profesores/as investigan as posibilidades educativas da realidade virtual.
En Nigrán tamén se fala!
En Nigrán tamén se fala galego!
60 Alumnos de 4o da ESO do Ies Val Miñor participan na campaña de promoción de promoción da lingua galega entre o comercio local.
O proxecto Aquí Tamén Se Fala xurdiu o curso pasado no Ies Rafael Dieste da Coruña e procura rachar cos prexuízos que invisibilizan a lingua galega. A rapazada exerce de dinamizadora da lingua visitando todo tipo de establecementos que traballan de cara ao público e queiran colaborar, para o cal deben colocar un cartel deseñado co lema “Aquí Tamén Se fala Galego” e facerse unha foto que se promociona nas redes sociais da campaña e na web do centro.
SEMANA DAS MATEMÁTICAS NO IES VAL MIÑOR. DO 14 AO 21 DE MARZO
Estamos a organizar a Semana das Matemáticas no IES Val Miñor: Tangrams, pentaminós, cubos soma, torres de Hanoi, tres en raia áureo, pontes de Königsberg e outros labirintos, xogo do prisioneiro etc.
Xa queda pouco para xogar con eles nos recreos do 14 ao 21 de marzo.
Confiamos en que vos divirtades xogando e pensando.
PROCESO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN.
O 2 de abril publicouse a listaxe do alumnado solicitante de praza no proceso ordinario. Informamos que todos os solicitantes teñen praza asignada. Se queredes consultar o dato, poderedes facelo no taboleiro de anuncios do centro, chamar por teléfono ou ben consultalo a través da aplicación admisionalumnado.
O 22 de febreiro publicouse a listaxe do alumnado de reserva dos centros adscritos que están admitidos para o curso 2024-25. Poden facer a consulta a través da aplicación admisión alumnado CLICA ou ben revisando o taboleiro da secretaría do instituto (poden chamar por teléfono, se así o precisan).
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »