ÉXITO NA PARTICIPACIÓN NO PREMIO STEPHEN HAWKING. 2º PREMIO PARA ARIANE E EVA. PARABÉNS!
As alumnas de segundo de bacharelato Ariane Antequera González e Eva Leyenda de Arriba obtiveron un segundo premio na VI edición do Premio Stephen Hawking do IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago polo seu traballo de investigación “Estudio de la presencia de microplásticos en la costa valmiñorana”. O traballo foi coordinado polo profesor do centro César Rodríguez López e tamén titorizado por investigadores do Instituto Español de Oceanografía-CSIC. CO de Vigo, Begoña Pérez Fernández e Gustavo Blanco Heras.
VAL DE MIÑOR É CIENCIA
CLICA para ver o programa.
SEMANA DE INTERCAMBIO CON SAINT BRIEUC
Para ver esta semana en imaxes CLICA AQUÍ
ALUMNADO DE 4º DE ESO E 1º DE BACHARELATO VISITAN OS CIFP MANUEL ANTONIO E VALENTÍN PAZ ANDRADE
Alumnado de 4º de ESO e o alumnado matriculado en Bioloxía e Anatomía de 1º de Bacharelato visitaron hoxe, 4 de abril, os centros integrados de formación profesional Manuel Antonio e Valentín Paz Andrade de Vigo. Coñecendo, de primeira man, a oferta dos ciclos formativos destes centros.
CHARLAS DA GARDA CIVIL NO IES dentro do Plan Director.
Durante os meses de febreiro e marzo a Garda Civil impartiu varias charlas ao noso alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO sobre diferentes temáticas: acoso e ciberacoso escolar, delitos de odio, protección da natureza, consumo de alcol e drogas, uso das novas tecnoloxías...
Moitas grazas a Verónica, a persoa encargada de impartilas.
VISITA DO ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO Á UNIVERSIDADE DE VIGO
Este luns, 11 de marzo, o alumnado de bacharelato visitou a Universidade de Vigo. Divididos en 4 grupos segundo os seus intereses foron as facultades de humanidades, ás do ámbito social, científico e tecnolóxico.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »