Saltar navegación.
Inicio

Curso 2018-19

I CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA CANS E GATOS

Neste curso celebramos a primeira campaña solidaria de recollida de alimentos para cans e gatos. Os alimentos serán doados a ONG Bai.senpulgas. Aquí vemos ao alumnado no proceso de creación dos carteis e o resultado final.Grazas as rapazas colaboradoras de 2º da ESO.

UNIDOS BAIXO O MESMO PARAUGAS. 3 do decembro. Día internacional da discapacidade.

O día 3 de setembro celebrase o día internacional da discapacidade. Un ano máis o noso centro participa nunha das actividades dese día: UNIDOS BAIXO O MESMO PARAGUAS. Cos paraguas de cores representase  a diversidade da sociedade cun mesmo fin e un mesmo desexo de convivencia. O alumnado de 2º ESO escribe frases alentadoras e de superación.

MÉDICOS DO MUNDO FALA CO ALUMNADO DE 4º DA ESO SOBRE AS INFECIÓNS DE TRANSMISIÓN SEXUAL

 Hoxe, 21 de novembro, días antes de celebrar  o día mundial da loita contra o VIH, Tere,Iván e Vanessa da organización non gobernamental MEDICOS DO MUNDO, asociación que loita para facer efectiva o dereito á saúde para todas as persoas déronlle unha charla aos alumnos e alumnas de 4º da ESO sobre as infeccións de transmisión sexual e a súa prevención.

XORNADA DE XOGOS COOPERATIVOS. PROGRAMA TEI.

Traballaron da man e arreo, o departamento de orientación e de educación física, xunto ao alumnado de 3º da ESO, preparando unha xornada de xogos cooperativos, para os afillados e afilladas de 1º da ESO, deste ano escolar. A través da mirada as seguintes fotos, podedes saber se os obxectivos de cooperación, integración, interacción, diversión, compromiso,... foron conseguidos.

A xornada tivo lugar o luns 22 de outubro.

O ALUMNADO DE 1º DE ESO COÑECE AOS SEUS "PADRIÑOS E MADRIÑAS" DE 3º DE ESO.

Aquí os temos realizando a primeira actividade. Foi o primeiro contacto entre uns e outros/as. Boa titorización para o curso 2018-19

CELEBRANDO O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL COA ASOCIACIÓN AVELAÍÑA

Hoxe 2 de outubro de 2018 o alumnado de 1º de bacharelato coñeceu o "mundo da saúde mental" da man da asociación Avelaíña. O persoal da asociación da man de María e Dania e dalgúns dos seus usuarios: as Carmen, Julio, Mauro... déronnos unha exemplo de loita  e esforzo.. Grazas por todo.

Para ver máis:https://valminortv.com/2018/10/05/avelaina-acerca-al-ies-val-minor-la-importancia-de-una-salud-mental.

CHARLA FORMATIVA: TEMPO DE SAÚDE para o alumnado de 1º de ESO

A doutura Olga Villar impartiu hoxe 3 de outubro unha charla aos alumnos e alumnas de 1º de ESO sobre "Nutrición e saúde" dentro dun programa promovido pola Deputación de Pontevedra e o colexio oficial de médicos da provincia de Pontevedra.

Distribuir contido