Saltar navegación.
Inicio

CHARLA SOBRE DIVERSIDADE.CHRYSALLIS.

Visitounos Soledad da asociación Chrysallis que reune a familias de menores trans e con ela aprendimos como a diversidade nos enriquece e como toda persoa ten dereito a ser respectada e non sofrir discriminación algunha baseada na súa orientación sexual e identidade de xénero.

SORTE PARA OS CANDIDATOS AO PREMIO STEPHEN HAWKING

Sorte no acto de celebración dos premios Stephen Hawking no IES Rosalía de Castro en Santiago de Compostela.

MESA REDONDA DE UNICEF NA FACULTADE DE PSICOLOXÍA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O noso alumno Martín Rey Álvarez representando ao consello de participación da infancia e a adolescencia de Nigrán, participou na mesa redonda de UNICEF, presentando o informe do impacto da tecnoloxía na adolescencia. Este evento tivo lugar o 8 de febreiro en Santiago de Compostela na facultade de psicoloxía. 

VISITA DIDÁCTICA Ó NOSO CONCELLO

O día 8 de febreiro visitamos as instalacións do noso Concello guiadsa pola Concelleira Marina Vidal e o seu equipo.

Moitisimas grazas pola atención e cariño co que foron recibidos os nosos alumnos!

Unha boa mostra da cercanía das institucións coa cidadanía!

CORREO CUPIDO NA BIBLIOTECA

O correo Cupido chegou ao Val Miñor!! Achégate á biblioteca e deixa a túa mensaxe de amor. Escribe só o nome e apelido da persoa que amas e o venres 18 a túa mensaxe chegará ao seu destino

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA.

Exposición sobre mulleres cientificas no IES Val Miñor cedida polo CIM ( Centro  Municipal de Información á Muller). Permanecerá no centro desde o venres 11 de febreiro. 

Clasificación final do Concurso Odisea

Despois dunha intensa semana e media durante a cal os nosos alumnos e alumnas participantes no concurso se tiveron que enfrontar a preguntas nalgúns casos realmente complicadas, probas contrarreloxo e un desempate autonómico, os dous equipos demostraron que son máis veloces que Aquiles de pés lixeiros e foron quen de contestar correctamente case todas as preguntas en tempo récord, situándose entre o top vinte dun total de 197 equipos.

Parabéns, ὦ ἥρωες!

CHARLA SOBRE PREVENCIÓN DE TRASTORNOS ALIMENTARIOS. ITCA

Dúas psicólogas especialistas no tratamento dos trastornos da conduta alimentaria estiveron impartindo unha charla ao alumnado de 3º ESO. Falouse de anorexia, de bulimia, entre outros asuntos, e das graves consecuencias que estes trastornos poden ter para a saúde física e psicolóxica de quen o padece e para as súas familias.

VISITA DO COLEXIO DE FARMACÉUTICOS CO PROXECTO "CONÓCEME"

Dous membros da Sociedade Española de Farmacia Familiar e comunitaria (SEFAC) estiveron no instituto impartindo unha charla, dirixida ao alumnado de 4ºESO, en relación co proxecto "Conóceme" Os obxectivos deste proxecto son inculcar bos hábitos no auto coidado desde a adolescencia, conseguir un uso racional do medicamento a medio e longo prazo e promover a figura do farmacéutico comunitario como experto en medicamentos. O alumnado realizou uns cuestionarios para coñecer o seu grao de información sobre os medicamentos e trouxo da casa un envase baleiro co prospecto dun medicamento co que fose tratado nalgunha ocasión para analizalo como práctica de aprendizaxe.

 

Distribuir contido